RCD / NOVAS

A Torre acolleu o Trofeo Barritos, torneo benéfico organizado pola Peña Míticos de Riazor

06/09/2019 23:45

O campo 5 da Cidade Deportiva da Torre acolleu esta noite a primeira edición do Trofeo Barritos, un triangular solidario organizado pola Peña Deportivista Míticos de Riazor, cuxo equipo se enfrontou a un de prensa coruñesa e a outro da Agrupación Deportiva O Silbato, que resultou vencedor.

Juan Ángel Barros Botana, delegado do primeiro equipo do RC Deportivo desde 1991 e ex árbitro, apadriñou a competición e entregou os trofeos aos tres equipos participantes.

A solidariedade dos participantes quedou patente coa recollida de 14 quilos de tapóns de plástico, destinados á Fundación Seur, e de 80 quilos de alimentos, para a asociación BoanoiTe.