RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A última cita de Celso Borges este mes con Costa Rica é un amigable mañá mércores ante Estados Unidos

- Foto: www.concacaf.com -

Para pechar a concentración deste mes de xuño, Costa Rica, con Celso Borges nas súas filas, xogará un amigable ante Estados Unidos mañá mércores 9 de xuño no Rio Tinto Stadium (Salt Lake City) ás 17:00 (hora local, 1:00 do xoves 10 en España).

Na Concacaf Nations League, Costa Rica acabou en cuarta posición. Tanto na semifinal como na final, Celso Borges foi titular. Ambos os encontros disputáronse no Mile High Stadium en Denver.

Na semifinal fronte a México, o mediocentro deportivista foi relevado no minuto 82 por Bernald Alfaro. O partido finalizou con igualada sen goles e na quenda de penaltis estiveron máis atinados os mexicanos (4-5).

Na final de consolación fronte a Honduras, o tempo regulamentario acabou en empate (2-2) e, do mesmo xeito que sucedese na semifinal, na quenda de penaltis a fortuna deu as costas aos 'ticos' (4-5). Celso Borges xogou 56 minutos e foi substituído por Allan Cruz.

Despois desta concentración, a próxima cita de Costa Rica será o mes de xullo coa Copa de Ouro da Concacaf, a partir do 12 de xullo no Exploria Stadium de Orlando.