RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A Xunta Xeral de Accionistas do RC Deportivo celebrarase mañá tras non alcanzarse quórum

A Xunta Xeral Ordinaria e Extraordinaria do Real Club Deportivo celebrarase definitivamente mañá xoves ás 19:45 horas en segunda convocatoria tras non alcanzarse quórum na primeira. 3 accionistas presentes, con 7 accións propias e representadas (0,00446%) do capital social, conformaron a listaxe de asistentes hoxe no Salón Arao (Planta 2) de Palexco.

Durante todo o día 1, nas propias instalacións de Palexco, de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:45 h., os accionistas ou os seus representantes poden obter o seu cartón de acceso e votación presentando o seu DNI no primeiro dos casos, e o DNI e a folla de delegación no segundo.

No caso de que o accionista represente a outros accionistas, deberá presentar simultaneamente o documento de delegación de accións no que se lle adxudica a representación, debidamente cumprimentado.

No caso daqueles accionistas que non vaian acudir á Xunta e que desexen delegar no presidente do Consello de Administración, poden entregala persoalmente nas oficinas do Club na Praza de Pontevedra e o Estadio de Riazor ou en Palexco.