RCD / NOVAS

Aberta a inscrición para o Curso de Adestradores do Deportivo 22-23. Data límite con probas de acceso: 29 de xuño

26/05/2022 17:14

Coa resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado 21 de abril, xa está aberta a inscrición para participar no Curso de Adestradores do Real Club Deportivo do Curso 2022-2023. Para o Nivel I e as probas de madurez a data límite de inscrición é o 29 de xuño. É posible solicitar máis información sobre o Curso de Adestradores do Real Club Deportivo, organizado polo Dépor Football Institute e que este ano alcanza o seu decimoséptima edición, en dcs@rcdeportivo.es ou no 689 618 558.

Documentación para a inscrición:

Información xeral proceso de inscrición e curso 2022-2023