RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Adrián: "Imos tentar acabar a temporada con estas boas sensacións que está a ter o equipo"

Adrián López, capitán do Deportivo, pasouse pola zona mixta do Estadio de Balaídos para atender ás preguntas dos medios de comunicación.

O dianteiro asturiano opina que o cadro deportivista era consciente da dificultade do partido, "como sempre é o derbi, sobre todo aquí en Balaídos. E así foi desde o principio até o final. Habemos ir un pouco a mellor. Na segunda parte estivemos mellor. Non deixamos escapar o partido en ningún momento e ao final logramos un empate que é un bo empate aquí. É un campo complicado e era un partido complicado".

Insiste Adrián que xogar #ONOSODERBI "na situación que estamos os dous equipos é moito máis cómodo para eles que para nós".

Lamentou o atacante branquiazul que "agora nesta parte final é cando mellor está o equipo. Dános rabia que non nos chegou para polo menos seguir pelexando até o final. Pero imos tentar acabar a temporada con estas boas sensacións que está a ter o equipo. Ben nolo merecemos tanto o Club, os xogadores como a afección, ver a un equipo que ten bo nivel e temos que seguir nese camiño".

Comenta Adrián que desde o momento no que se certificou o descenso, "na nosa cabeza está seguir dando unha boa imaxe que creo que está a dar o equipo neste final de liga. Temos que seguir facendo iso. É o ideal, é o que temos que facer. Non é fácil, pero seguimos adestrando a tope cada día para o partido que vén".