RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Aketxe, na súa presentación: "Quedei prendado do Club, da infraestrutura que ten, do familiar que é"

Ager Aketxe Barrutia (Bilbao, 30 de decembro de 1993) foi presentado esta mañá como novo xogador do RC Deportivo.

Posou en primeiro lugar para os medios gráficos coa camiseta branquiazul no campo 1 da Cidade Deportiva.

A continuación, o futbolista vasco pasou pola sala de prensa, acompañado por Carmelo del Pozo.

Precisamente o Director Deportivo do Club abriu o acto e agradeceu "tanto a Ager como o seu axente a súa predisposición a vir a este proxecto, porque un xogador tan específico e das boas características que ten el tiña posibilidades de Primeira. Entendeu que o proxecto de aquí é exactamente importante para estar connosco. Moitas grazas por vir, e esta é a túa casa".

Pola súa banda, Ager Aketxe mostrouse "agradecido a Carmelo, ao corpo técnico, a todos os meus compañeiros por como me acolleron. Estou moi feliz".

Confesa que a Dirección Deportiva do Club "desde hai tempo tivo interese en min. Eu cando souben o proxecto e como ía ir todo, foi moi fácil decidirme polo Dépor".

Decidiuse por ABANCA-RIAZOR "polo meu desexo de sentirme importante. Carmelo e o corpo técnico fixeron moito fincapé en que eu viñese aquí. Ao final foi iso, como me falou Eneko (Bóveda) do Club. Cando vin aquí quedeime prendado do Club, da infraestrutura que ten, do familiar que é. É un Club de Primeira que por cousas está en Segunda. Axudar a que o equipo volva onde merece".

Ve ao cadro "ben. Quizais foi un chasco o non alcanzar o obxectivo no último partido pero véxolles co chip cambiado, preparados para esta competición moi dura, moi longa. Véxolles ben e con moitas ganas".

Ten claro que esta campaña "como equipo se facemos as cousas ben e como di o míster, o Dépor estará aí arriba pelexando por cousas importantes".

A nivel individual pide "ter esa regularidade que igual nalgúns momentos do ano pasado faltoume. E a nivel colectivo ir atopando o noso nivel para poder alcanzar ese obxectivo que tanto desexamos".

Defínese como un futbolista ao que lle gusta "estar en continuo movemento co balón. Gústame asociarme moito, o xogo interior... O importante é traballar para o equipo, poñer todo ao servizo do equipo. E a partir de aí todo o demais sae".