RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Aketxe, novo xogador do Dépor 2019-2020

Ager Aketxe Barrutia (Bilbao, 30 de decembro de 1993) convértese en novo xogador do Real Club Deportivo para a próxima temporada con posibilidade de ampliación a unha segunda campaña.

Aketxe chega libre á Coruña após disputar a segunda metade da pasada temporada cedido no Cádiz CF, co que disputou 33 partidos de Liga e 3 de Copa, marcando 4 goles e dando 4 asistencias.

O futbolista, que se desenvolve na segunda liña de ataque e pode actuar tanto nos extremos como na mediapunta, iniciou a súa carreira no Basconia antes de defender as cores do Athletic Club tanto en categorías inferiores, como no primeiro equipo. Dúas etapas no Cádiz CF, a segunda cedido polo Toronto FC completan o seu percorrido profesional até o Dépor do atacante biscaíño.

Aketxe incorporarase o luns á pretemporada co resto do equipo tras pasar o xoves recoñecemento médico e coñecer as instalacións do Club na cidade e en Abegondo.