RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Alberto Quiles: "Empezar metendo goles, collendo confianza é moi importante"

Alberto Quiles estreouse como goleador do Dépor, por partida dobre, no campo de Cantarrana de Viveiro.

O dianteiro andaluz indicou á conclusión do encontro que "cada vez vou coñecendo máis aos meus compañeiros, vou tendo mellores sensacións. É verdade que estamos en pretemporada, que as pernas están cansadas pola carga de traballo. O importante é coller sensacións, que se vexa un equipo dominador e creo que hoxe se viu".

Confesa sentirse "moi cómodo" neste novo Dépor: "Dixen na presentación que eu quería entrar en contacto co balón e o míster é o que pide, que sexamos un equipo dominador, que entremos por banda, tamén por dentro. Eu nese xogo síntome moi cómodo", reitera.

Tamén cualifica como "moi importante" marcar goles, aínda que sexa en pretemporada: "Empezar metendo goles, collendo confianza... Iso é tamén moi importante".

Aínda que Alberto Quiles o que quere é xogar, dá igual a posición, resalta que "detrás da punta gústame pero se teño que xogar arriba tampouco teño ningún problema". Apunta que adoita caer a banda dereita "porque me colle a perna boa para entrar cara a dentro. E se o míster pídeme algún día xogar arriba para fixar os centrais tamén o farei porque non teño ningún problema. Síntome cómodo".

Finalmente, o atacante deportivista asegura estar "moi contento" coa súa adaptación á Coruña; e "tamén a miña parella, que é moi importante", conclúe.