Álex Bergantiños será homenaxeado polo Club e, sobre todo, polo Deportivismo, na previa do partido Dépor-Mérida deste sábado no Estadio ABANCA-RIAZOR.
Antes de comezar o partido saltará ao terreo de xogo para recibir un detalle do presidente do Club, Antonio Couceiro, acompañado por 5 dos outros futbolistas que, como el, atópanse no Top-10 de xogadores con máis partidos na Nosa Historia: Fran, Manuel Pablo, Donato, Ramón Piña e Pancho García, cos que xa compartiu unha emotiva tarde a pasada semana no propio Estadio.