RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Andone: ''baixo o meu punto de vista é penalti de Mercado''

Florin Andone, autor hoxe dun dos tantos do Dépor, explicou a xogada polémica do encontro, con 2-1 no marcador, o empuxón do sevillista Mercado na área andaluza: "El tócame, voulle a xutar e pégolle no chan. Obviamente se el non me toca eu non lle pego ao chan. Se lle pego ben e meto gol, xa é outra cousa".

Reitera o internacional romanés que nesa acción co defensa sevillista "noto o contacto. Por iso eu pégolle no chan. Por tanto baixo o meu punto de vista é penalti". Asegurou finalmente que "o demos todo. Traballamos, corremos , pero enfronte tiñamos un rival que tiña o mesmo obxectivo que nós e ao final caeu do seu lado".

Pola súa banda, Sidnei apunta sobre o desenlace cruel do encontro para o Deportivo que "isto é fútbol, son cousas que pasan. Toca levantar a cabeza e seguir".
 
Recalca o central brasileiro que o equipo "fixo un bo traballo ante un gran equipo. Temos que seguir cara a adiante, non hai outra".