RCD / NOVAS

Ángel Becerra, novo secretario técnico do Real Club Deportivo

02/07/2018 12:00

Ángel González Becerra (Madrid, 21 de febreiro de 1973) é, desde hoxe, novo secretario técnico do Real Club Deportivo.

Até esta temporada, durante campaña e media, foi director deportivo do Extremadura UD. Antes, durante 4 temporadas (unha delas como secretario técnico único), foi o secretario técnico do Real Betis. Entre medias, refundou como directivo e director xeral o Polideportivo Ejido, club no que desenvolveu a súa carreira futbolística durante 15 temporadas en 2ª (anotando un histórico gol para a salvación do equipo), 2ª B e Terceira.

Mentres militaba no club almeriense como futbolista nas categorías non profesionais, Ángel Becerra compatibilizou o deporte coa xestión e administración en Abengoa.