RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Antoñito cre que acabar a liga "con boas sensacións, con cero derrotas, dá moita confianza ao grupo e ao equipo"

Antoñito foi o protagonista esta mañá na sala de prensa de Abegondo.

Despois de xogar os 90 minutos o pasado sábado ante o CD Tudelano, asegurou que se notou fisicamente "ben, con enerxía. É verdade que o partido foi un pouquiño tolo e córrese moito máis, pero atopeime ben, sen ningunha molestia da pequena sobrecarga que tiven".

Do partido, apuntou que foi de "moitos vaivéns, transicións. Son partidos bos para #ANOSAFORZA, non para o corazón, pero si para facer afección de cara a estes partidos que veñen últimos tan importantes".

Subliña a reacción do Dépor despois de ir varias veces por baixo no marcador e cre que o vivido "vainos a servir tamén como un pequeno adestramento para o que vén".

Na súa opinión, partidos como o do pasado sábado son "raros por un equipo que vén descendido, sen presión, que viña facendo os últimos partidos ben. Os que estamos dentro deste mundo sabemos que son partidos que ou te adiantas no marcador e actívaste moi pronto ou son partidos que os pasas mal. Son remontadas que gustan moito tanto dentro como fóra do campo. Son partidos que fan afección, que ganas en autoestima. Encaixas 3 goles ante un rival inferior a ti, con menor nivel dos que van vir agora, pero o difícil é remontar tres veces nun partido e fixémolo. Hai que quedarnos co positivo, que gañamos o partido, sacamos 3 puntos ante #ANOSAFORZA, todo o mundo gozamos, sufrimos tamén, pero o importante é que quedamos cos 3 puntos e gañamos un partido que se puxo feo ao principio".

Despois de varias temporadas en Valladolid, Antoñito, que regresará este sábado 21 de maio ás 20:30 (Footters e Fuchs Sports) co Dépor para medirse ao Real Valladolid Promesas, admite que "cando vou a Valladolid é especial. Volvo co Deportivo e coa mentalidade e o obxectivo de certificar o segundo posto. Dar a man aos compañeiros que estean alí, a xente do club, pero vou a un partido para gañar e despois os amigos quedan nos bares".

Advirte que "os filiais son diferentes a calquera equipo que hai no grupo. Son equipos que lles pode saír un día perfecto e pódenche pintar a cara ou un equipo que che salga relaxado, sen ganas de xogar ou nas súas cousas de xente nova".

Si pode presumir de ser o futbolista branquiazul que mellor coñece o escenario do choque, o Anexo ao Estadio José Zorrilla porque "adestrei alí 3 anos seguidos e váilleme a facer máis fácil que xogar en Zorrilla, por exemplo".

De cara ao playoff de ascenso, Antoñito ve positivo que se xogue en ABANCA-RIAZOR pero "se se xogase en Sevilla houbesen ir tamén 20.000 deportivistas. A masa social que ten o Deportivo fai que en calquera campo de España houbese ir sempre máis que do rival".

Finalmente, considera que "é importante acabar os últimos partidos antes do playoff con boas sensacións, con cero derrotas. Iso dá moita confianza ao grupo e ao equipo"; e recalca que esta fin de semana "o importante é asegurar a segunda praza e se é con vitoria moito mellor".