RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Antoñito destaca a primeira media hora "moi boa" e Granero fala de partido "plácido non. Completo si"

Antoñito e Borja Granero pasáronse pola sala de prensa de ABANCA-RIAZOR.

O lateral andaluz comentou sobre a súa substitución no descanso que "chegar a un Club a un equipo que está a un alto nivel físico e de xogo a inactividade nótase aínda que non parase nestes tres meses. As miñas sensacións nestas dúas semanas foron de moita carga de adestramento. O mellor para un futbolista non é estar 20 minutos e lesionarse senón ir entrando aos poucos na dinámica do equipo. Notei unha carga como en Talavera e o mellor era parar", engade.

Subliña o papel de #ANOSAFORZA no seu debut en ABANCA-RIAZOR: "Dá gusto. Danche forza e ánimo", conclúe satisfeito.

Antoñito cre que o partido do Deportivo "foi moi bo na primeira media hora e deixando sen apenas opcións e sen reacción ao equipo rival que ten bos xogadores",

Felicitado por WhatsApp por excompañeiros e exdeportivistas como Borja Fernández, Antoñito, cuxo último gol data de 2018 nun Real Sociedad-Valladolid en Primeira División, indicou que "sempre é unha alegría meter gol. Tamén estaba a miña muller e a miña filla no campo. Mellor imposible".

Pola súa banda, Borja Granero, que acusa unhas molestias nun Aquiles polas que foi relevado por Pablo Trigueros, asegura que "non é nada que revista gravidade".

O central deportivista opina que o partido foi "plácido non. Completo si. Cando sae todo parece que foi fácil pero si que é un partido redondo porque son cousas boas a sumar á mochila. Estou contento por iso".

De feito, subliña o feito de non encaixar ningún gol, "importante de cara ao playoff. Hoxe hai cousas boas a sumar. Non hai que volverse tolo e pensar que como o equipo fixo un partido bo todo vaise a dar así. O equipo ten que seguir sumando cousas boas, sendo ambicioso como creo que foi hoxe".