RCD / NOVAS

Aouate e Capdevila incorporáronse aos adestramentos

Os internacionais Aouate e Joan Capdevila foron os últimos internacionais en incorporarse aos adestramentos do Deportivo. Falta unicamente De Guzman, concentrado con Canadá na Golden Cup que se disputa en Miami, e na que sobresaíu como goleador, ao anotar dúas dianas fronte a unha selección mundialista como o foi Costa Rica.

08/06/2007 14:11

Esta mañá, Arizmendi e Duscher exercitáronse fóra do grupo, nunha sesión suave, con moito fut-voley, estiramentos sobre o céspede e ximnasio e masaxe no vestiario.

Este sábado, o equipo está citado ás 10.30 no Mundo do Fútbol para realizar a última sesión de adestramento previa ao partido ante o Recreativo de Huelva, ao cinco da tarde en Riazor este domingo.

Máis novas de: CAPDEVILA, DUDU AOUATE, DE GUZMAN

RCD / Noticias Relacionadas

25/05/2009 12:06 |

De Guzmán, con Canadá, e Lassad con Tunes, dous novos internacionais convocados polas súas Seleccións

A incongruencia dos calendarios internacionais fai que Canadá e Chipre programasen un partido internacional amigable en Larnaca o sábado 30 de maio, coincidindo xusto co partido de Liga do Deportivo en Riazor ante o Barcelona. De Guzman foi citado para ese encontro de Canadá e o centrocampista do Dépor, con permiso do corpo técnico, se incorporó xa hoxe luns á concentración do seu equipo nacional.

30/12/2008 16:09 |

Deportivo e Mallorca pechan esta mañá o traspaso de Aouate

O Deportivo e o Real Mallorca pecharon esta mañana o traspaso de Dudu Aouate ao cadro balear. O porteiro israelí había viaxado o pasado domingo a Palma de Mallorca, xusto cuándo ambas as entidades chegaron a un principio de acordo verbal. Hoxe mesmo pasó o rutineiro recoñecemento médico polo seu novo club e xa foi presentado oficialmente.