RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Óscar Gilsanz: "Independentemente de que sexamos xuíces ou non, queremos competir sempre"

Óscar Gilsanz asegurou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que "independentemente de que sexamos xuíces ou non, queremos competir sempre. Non entendo o fútbol se non é competir. Non entendo disputar un partido sen esa sensación que o único importante é competir e gañar os 3 puntos en xogo. Para min é o máis importante por nós, polo traballo diario, polo escudo, polo Club... Cada vez que os xogadores ponse esta camiseta non hai ningunha dúbida da súa capacidade e o seu compromiso para competir. E logo o respecto á competición. Temos que respectarnos a nós mesmos e facernos respectar".

Tampouco está de acordo en que o Dépor non se xoga nada porque "non é o mesmo quedar novenos que décimo terceiros". "Temos cousas importantes polas que pelexar o domingo e a próxima fin de semana en ABANCA-RIAZOR", insiste.

Non cre que haxa relaxación nos seus futbolistas, unha vez cumprido o obxectivo, porque "son conscientes que cada partido o debemos competir. É certo a carga emocional que supón unha temporada con moitas cousas que pasaron desde o principio, con moitos momentos onde a clasificación nos daba certo compromiso por estar en postos comprometidos, é humano..."

A pesar de que se conseguiu ese obxectivo "queremos seguir competindo, o equipo quere seguir competindo pero vemos ao longo da temporada na categoría exemplos similares. O Cádiz CF, o Albacete Balompié... certos equipos que perden un partido e sempre se achaca a esa relaxación que non é tal. A realidade é que chegamos a unha salvación matemática con 4 xornadas de marxe, con espazo para seguir gañando partidos pero non fomos capaces".

Sobre o Real Zaragoza, rival este domingo 25 de maio ás 18:30 na Romereda (LaLiga TV Hypermotion), opina que "desde a chegada de Gaby tenta competir; tenta ser un equipo gañador de duelos; tenta arriscar o menos posible no seu inicio para ser agresivo na última zona con moito centro lateral, con moita chegada por fóra dos laterais para buscar centros á área e rematadores; con moi bo traballo do balón parado... É un equipo que se aferra a estes partidos, salvando estes partidos sobre todo na Romareda, onde conseguiu unha porcentaxe importante dos puntos".

Así pois, é consciente que o Dépor ten que ser "contundente nas áreas. Vai ser un rival que nos vai a propor un ritmo de partido alto e aí temos que responder".