Coa temporada concluída para o Fabril, e co Xuvenil A á espera de disputar as semifinais da Copa de Campións ante o Betis en Ponferrada, 2 partidos da fin de semana adiantáronse a hoxe venres 23 de maio en ANOSACANTEIRA.
En Abegondo o Cadete (na foto principal), 2º na División de Honra, impúxose por 5-2 ao Arosa SC. E no campo pontevedrés de Agüeiros o San Tirso SD Cadete (na foto inferior) superou ao Salgueiriños FC após un espectacular intercambio de goles que acabou en 3-5.
Mañá sábado 24 o Xuvenil B mídese en Santa Isabel ao CD Conxo Santiago (12:00) en partido da penúltima xornada da Liga Nacional.
Os branquiazuis, á fronte da táboa, avantaxan en 1 punto ao RC Celta B, que á mesma hora enfróntase no seu campo ao CVC Valladares.
Os deportivistas serán campións se gañan o seu partido e os celestes perden. Na última xornada, pendente de fixar día e hora, Dépor e Celta veranse as caras en Abegondo.
Tamén mañá sábado o San Tirso SD Infantil visita ao RC Celta na Madroa (12:00); e o Alevín A, Benxamín A e Fabril FC Benxamín participan na localidade lucense de Vilalba na Fase Final do Campionato Galego de fútbol 8. Os 3 equipos superaron a pasada fin de semana a Fase Intermedia nas Eiroas.
Para o domingo 25 queda só un partido. O Infantil mídese en Cotogrande, a partir das 12:30, ao UD Santa Mariña en partido da División de Honra.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Categoría xuvenil
33ª xornada: CD CONXO SANTIAGO - XUVENIL B, mañá sábado 24 de maio ás 12:00 en Santa Isabel (Santiago)
Clasificación: 1. Xuvenil B, 80 puntos; 2. RC Celta B, 79 puntos; 3. Racing de Ferrol, 70 puntos... 9. CD Conxo Santiago, 39 puntos...
Categoría cadete
32ª xornada: CADETE 5 (Nico Martínez, Gael, Yago Trigo e Elías Trigo -2-) - AROSA SC 2
32ª xornada: SALGUEIRIÑOS CF 3 - SAN TIRSO SD CADETE 5 (Nikolay Dyulgerov, Raúl Lema -2- e Roi -2-)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 91 puntos; 2. Cadete, 89 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán (un partido menos), 63 puntos; 4. San Tirso SD Cadete, 59 puntos; 5. SD Compostela (un partido menos), 58 puntos; 6. Arosa SC, 55 puntos...
Categoría infantil
29ª xornada: UD SANTA MARIÑA - INFANTIL, o domingo 25 de maio ás 12:30 en Cotogrande (Vigo)
29ª xornada: RC CELTA - SAN TIRSO SD INFANTIL, mañá sábado 24 de maio ás 12:00 na Madroa (campo 3)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta (un partido menos), 76 puntos; 2. Infantil, 74 puntos; 3. Pabellón Ourense CF, 61 puntos... 5. Racing de Ferrol, 56 puntos; 6. AJ Lérez, 41 puntos; 7. CD Lugo e San Tirso SD Infantil, 40 puntos; 9. Atlético Coruña Montañeros CF, 39 puntos; 10. CD Conxo Santiago, 38 puntos... 15. UD Santa Mariña, 18 puntos
Categoría alevín
Fase Final do Campionato Galego de fútbol 8, en Vilalba
Sábado 24 de maio
Semifinal
13:00: ALEVÍN A - RC CELTA (campo 1)
O vencedor pasa á final mentres que o perdedor pelexará pola medalla de bronce, todo iso ás 17:30
Categoría benxamín
Fase Final do Campionato Galego de fútbol 8, en Vilalba
Sábado 24 de maio
Semifinal
12:00: BENXAMÍN A - RC CELTA (campo 1)
O vencedor pasa á final mentres que o perdedor pelexará pola medalla de bronce, todo iso ás 16:30
Fase Final do Campionato Galego de fútbol 8, en Vilalba
Sábado 24 de maio
Semifinal
12:00: AD VILA DE CORPUS - FABRIL FC BENXAMÍN (campo 2)
O vencedor pasa á final mentres que o perdedor pelexará pola medalla de bronce, todo iso ás 16:30