RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Aprobados todos os puntos da orde do día case por unanimidade

Esta tarde celebrouse, en segunda convocatoria, a Xunta Xeral de Accionistas do Real Club Deportivo. A Xunta Xeral quedou configurada coa presenza de 157 accionistas, con 1.696 accións propias e 41.431 accións representadas (1.146 accionistas representados), cun total de 2.591.932,70 € de capital presente e representado (27,48781 % do Capital Social).

Tras o informe do presidente aos accionistas, repasando toda a actividade social do pasado exercicio, a presentación do resto dos puntos, a intervención de 8 accionistas e os seus representantes e as respostas de Tino Fernández, os resultados das votacións foron os seguintes:

Segundo.- Aprobación dos seguintes puntos relativos ao Exercicio Social pechado a 30 de xuño de 2016:

2.1. Aprobación das Contas Anuais Individuais.

Si: 42.662 (99,5032%)
Non: 131 (0,3055%)
Abs: 82 (0,1913%)

2.2. Aprobación das Contas Anuais Consolidadas.

Si: 42.664 (99,5056%)
Non: 134 (0,3125%)
Abs: 78 (0,1819%)

2.3. Aprobación da xestión social realizada polo Consello de Administración.

Si: 42.644 (99,4589%)
Non: 138 (0,3219%)
Abs: 94 (0,2192%)

2.4. Aprobación da proposta de aplicación do resultado do exercicio pechado a 30 de xuño de 2016.

Si: 42.642 (99,5053%)
Non: 134 (0,3127%)
Abs: 78 (0,1820%)

Terceiro.- Aprobación do Orzamento correspondente á Temporada Futbolística 2016-2017.

Si: 42.601 (99,4003%)
Non: 134 (0,3127%)
Abs: 123 (0,2870)

Cuarto.- Modificación Estrutural do Auditor de Contas da Sociedade:

4.1. Ratificación e validación do nomeamento de Auditor de Contas relativo ao Exercicio Social pechado a 30 de xuño de 2016.

Si: 42.577 (99,3745%)
Non: 134 (0,3128%)
Abs: 134 (0,3128%)

4.2. Nomeamento de Auditor de Contas do Grupo Individual e Consolidado do Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D.

Si: 42.570 (99,3790%)
Non: 134 (0,3128%)
Abs: 132 (0,3082%)

Sexto.- Delegación de facultades.

Si: 42.482 (99,4988%)
Non: 132 (0,3092%)
Abs: 82 (0,1921%)