RCD / NOVAS

Arizmendi, Culio e Manuel Pablo, ausentes do adestramento do Dépor esta tarde

Culio non llegó a tempo ao adestramento desta tarde no Mundo do Fútbol. Por mor dun atraso, perdió en Madrid a ligazón coa Coruña. O futbolista púxose ao mediodía en contacto co Club para explicar esta demora na súa viaxe de regreso desde Arxentina, en dónde pasó estas festas navideñas. Culio aterrizó en Santiago esta mesma noite.

30/12/2013 20:15

Tampouco traballou hoxe en Abegondo Arizmendi, que se atopa esta tarde en Madrid cun tratamento que está a recibir, coordinado cos Servizos Médicos do Club. Mañá ten previsto traballar cos fisioterapeutas no Mundo do Fútbol e ao longo desta semana, segundo a súa evolución, podería incorporarse ao grupo.
Por outra banda, Manuel Pablo representou esta tarde ao Deportivo no Estadio Santiago Bernabéu no partido 'Champions for Life", a beneficio de UNICEF.
A sesión en Abegondo transcorreu sen incidentes. Wilk e Lemos exercitáronse ás ordes do readaptador, Pablo López.

Mañá martes 31 de decembro, o equipo adestrarase ás 17.00 horas no Mundo do Fútbol.

Máis novas de: CULIO, ARIZMENDI, MANUEL PABLO

RCD / Noticias Relacionadas

08/07/2016 20:03 |

Manuel Pablo: ''Sempre tentei ser un bo compañeiro, unha persoa que axudase ao Club''

  Coa presenza de todos as súas compañeros, técnicos e empregados, Manuel Pablo puxo fin esta mañana cunha rolda de prensa en Abegondo á súa etapa como futbolista en activo do Real Club Deportivo. Atrás quedan 482 partidos oficiais coa camiseta branquiazul, deles 349 en Primeira División, repartidos en 18 tempadas; e varios títulos oficiais (Campeón de Liga, campeón de Copa do Rei e campeón de dous Supercopas de España).

07/07/2016 22:22 |

Manuel Pablo recibirá a homenaxe do Real Club Deportivo e o deportivismo no Teresa Herrera

  A septuagésimo primeira edición do Trofeo Teresa Herrera, decano dos torneos estivais, que se disputa ante o Vilarreal CF o próximo martes 9 de agosto en categorías feminina e masculina tendrá este añou un aliciente especial. O Real Club Deportivo decidiu render homenaxe nese encontro ao capitán branquiazul, Manuel Pablo, que desde hoxe deixa o fútbol en activo para incorporarse á organigrama técnico do Club.

07/07/2016 11:45 |

Manuel Pablo incorpórase á dirección deportiva do Club

  O Real Club Deportivo e Manuel Pablo García Díaz (Bañaderos, Gran Canaria, 25 de xaneiro de 1976) determinaron esta mañana as funcións que desenvolverá o capitán branquiazul a partir desta tempada 2016-2017 que hoxe comeza. Nesta nova campaña, a decimonovena de Manuel Pablo no Deportivo, o grancanario sumarseá ao área de gestión deportiva do Club deixando a competición en activo.