RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Arizmendi: Sempre estarei agradecido ao Club polo que vivín aquí

Javier Arizmendi compareceu esta mañá na sala de prensa do Mundo do Fútbol. Confirmou a súa marcha do Deportivo a final de tempada, saída que foi cualificada como "moi boa" onte por Joaquín Caparrós e que estaba reflectida no contrato que no seu día asina

O atacante madrileño marchouse satisfeito do seu papel no Deportivo: "Gocei de moitos minutos e a verdade é que teño que estar agradecido ao Club e a Joaquín Caparrós".
Arizmendi manifestou que a futbolistas novos, caso de Manu do Moral ou Braulio, recomendaríalles o Deportivo porque "este ano demostrouse que é un gran escaparate para a xente nova".
Arizmendi márchase e faino cuns moi bos recordos da Coruña. "É unha cidade marabillosa, vívese moi ben, cómese ben..." E é que o Dépor segue sendo a principal plataforma publicitaria da cidade.