RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSAFORZA

Podes renovar o teu abono exclusivamente online as 24 horas do día, con 5.348 renovacións en apenas 48 horas de campaña

O Deportivo alcanzou as 5.348 renovacións nas primeiras 48 horas da campaña de socios 'Coa túa forza facemos historia. Historia que nos impulsa'.

Os abonados teñen a opción de renovar exclusivamente online as 24 horas do día nesta ligazón.

Unha vez realizado o trámite, disporás do teu carné dixital no teu móbil descargando a APP RCDeportivo (dispoñible para Android e iOS) e dándoche de alta cos teus datos de abono. 

Desta maneira poderás dispor de funcionalidades que che facilitarán o acceso ao campo, entre outras. Con esta iniciativa queremos, ademais, reducir o impacto da nosa actividade no medioambiente. 

Se aínda así desexas ter o teu carné físico, deberás indicalo na plataforma de renovación e o mesmo será enviado a través de CORREOS cun custo de 3 euros en concepto de gastos de xestión e envío (sendo esta a única maneira de recibilo, non sendo posible a súa retirada na OAD).

En caso de incidencia de envío podes contactar con atencion.deportivista@rcdeportivo.es. Pódese dispor do carné dixital e físico de maneira simultánea.

Por transferencia bancaria

Mediante ingreso na conta do Real Club Deportivo da Coruña SAD: ABANCA É72 2080 0063 42 3040031088 pódese reservar o abono indicando nome, apelidos e DNI da persoa abonada. 

Para formalizar a renovación, un requisito imprescindible é enviar un correo electrónico a atencion.deportivista@rcdeportivo.es achegando o xustificante bancario, copia do DNI, sinalando os datos da persoa abonada ou abonos e indicando no asunto "Renovación por transferencia".

Unha vez recibido procederase a comprobar tanto a transferencia bancaria como os datos, e, posteriormente, farase efectiva a renovación respondendo o correo electrónico desde a Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD). 

Todas aquelas persoas abonadas que non envíen o xustificante de pago do seu abono por esta vía consideraranse como NON renovadas.

Unha vez realizado o trámite disporás do teu carné dixital no teu móbil descargando a APP RCDeportivo (dispoñible para Android e iOS) e dándote de alta cos teus datos de abono. Desta maneira poderás dispor de funcionalidades que che facilitarán o acceso ao campo, entre outras. 

Con esta iniciativa queremos, ademais, reducir o impacto da nosa actividade no medioambiente. Se aínda así desexas ter o teu carné físico, deberás indicalo na plataforma de renovación e o mesmo será enviado a través de CORREOS cun custo de 3 euros en concepto de gastos de xestión e envío (sendo esta a única maneira de recibilo, non sendo posible a súa retirada na OAD).

En caso de incidencia de envío podes contactar con atencion.deportivista@rcdeportivo.es. Pódese dispor do carné dixital e físico de maneira simultánea.

Na OAD, só por causa maior

A renovación de abonos é exclusivamente online. Presencialmente atenderase na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) do Estadio ABANCA-RIAZOR: avenida da Habana s/n, 15011 A Coruña, a aquelas persoas abonadas que non puideron realizar o trámite de maneira online ou por transferencia por algunha causa de forza maior.