RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

As baixas lastraron ao Dépor ABANCA B en Santiago

O Dépor ABANCA B perdeu no Municipal de Santa Isabel (2-1) ante o Victoria FC, en partido correspondente á 24ª xornada en Primeira Nacional.

O filial feminino estivo lastrado polas baixas, entre lesións (Nuria Gómez); primeiro equipo (Paula Novo); e selección galega (Marta Rico, Carmen Carballada e Laura Testa).

Ademais, Tati e Noela, titulares hoxe en Santiago, chegaron ao partido despois dun longo desprazamento por estrada a Bilbao pola cita do primeiro equipo en Lezama ante o Athletic Club B e de chegar á Coruña de volta a poucas horas do partido de Santa Isabel. Tati ademais xogou co Dépor ABANCA en Lezama case a última media hora.

Así pois, Óscar Orro, técnico do equipo depotivista, tivo que tirar das categorías inferiores do Orzán SD: Martina, Uxía Rabuñal e Laura Otero do equipo cadete; e Celia, Laura Deus e Iria Otero do xuvenil.

Noela adiantou ao Dépor ABANCA B, que non foi capaz de manter a súa renda ante un rival máis poderoso fisicamente.

A pesar da derrota, o conxunto branquiazul mantense na quinta posición da táboa con 38 puntos.

Dépor ABANCA B: Uxía Rabuñal, Elena López 'Cusi', María Calvo, Ansede, Uxía Cabada, Iria Otero, Mas Sierra, Noela, Tati, Marta Méndez e Laura Otero. Tamén xogaron: Carmen Vázquez e Trillo.

A próxima fin de semana, o Dépor ABANCA B recibe en Abegondo ao Victoria CF.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Viajes InterRías FF 2 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Noela)
Deportivo ABANCA B 4 (Noela, Paula Monteagudo -2- e Laura Otero) - Sporting de Gijón B 0
Versalles CF 1 - Deportivo ABANCA B 1 (Marta Rico)
Deportivo ABANCA B 0 - CD Olímpico de León 1
Deportivo ABANCA B 4 (Noela, Trillo, Tati e Ansede) - SD Villestro 0
UD Mos 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Tati)
Deportivo ABANCA B 0 - Sárdoma CF 1
PM Friol 4 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Laura Otero)
Deportivo ABANCA B 3 (Paula Monteagudo, Noela e Laura Otero) - Oviedo Moderno CF B 1
Gijón FF 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Noela e Trillo)
Deportivo ABANCA B 4 (Marta Méndez, Noela, Paula Monteagudo e Marta Rico) - Victoria FC 0
Victoria CF 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Paula Monteagudo)
Deportivo ABANCA B 7 (Tati -3-, Carmen Carballada, Paula Monteagudo, Uxía Cabada e María Calvo) - Umia CF 0
Deportivo ABANCA B 0 - Viajes InterRías FF 2
Sporting de Gijón B 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Carmen Carballada, Paula Monteagudo e Noela)
Deportivo ABANCA B 1 (María Calvo) - CF Versalles 1
CD Olímpico de León 1 - Deportivo ABANCA B 3 (Marta Rico -2- e María Calvo)
SD Villestro 0 - Deportivo ABANCA B 5 (Paula Monteagudo -2-, Laura Otero, Trillo e Marta Méndez)
Deportivo ABANCA B 2 (Paula Novo e Paula Monteagudo) - UD Mos 0
Sárdoma CF 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 2 (Tati e Marta Rico) - PM Friol 2
Oviedo Moderno CF B 4 - Deportivo ABANCA B 1 (María Calvo)
Deportivo ABANCA B 0 - Gijón FF 3
Victoria FC 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Noela)