RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"As competicións son longas e ímonos a necesitar todos", avisa Pepe Mel

Pepe Mel advertiu que o Deportivo se enfrontará mañá sábado 26 de agosto (20:15 horas, Bein LaLiga) no Ciutat de València ao Levante, "un equipo nun estado de ánimo moi grande, positivo, e cunha dinámica moi boa".

Confirmou a Rubén como meta titular: "O que ten que pensar é que o adestrador lle puxo a xogar contra o Real Madrid e que o adestrador lle vai a poñer a xogar contra o Levante. Máis mostra de confianza que esa non hai. El ten que demostrar o bo porteiro que é. Estou seguro que o vai a facer. Igual que Tytoń, igual que Albentosa... Agora non xoga e o que ten que facer é apertar, adestrar ben, como fai. Os futbolistas ao final se adestran ben e están aptos, o que queres é gañar e entón elixes".

Nesta liña, aproveitou para lanzar unha mensaxe ao seu cadro: "Necesito que toda a xente traballe e aperte. As competicións son moi longas, e ímonos a necesitar todos. Ao final un equipo como o Dépor non consegue as cousas con 13 ou 14 xogadores. Conségueas con moitos máis".

Manifestou ademais que "se ti queres facer unha boa temporada, a única forma de conseguilo é que o equipo teña as mesmas prestacións fóra que en casa. Se non, é moi difícil".

Corroborou esta opinión o adestrador deportivista cun "dato humillante: De 57 partidos (lonxe do Estadio ABANCA-RIAZOR) nas últimas temporadas en Primeira División o Dépor só gañou 7. É un dato negativo en contra nosa que temos que mellorar".

Para iso, mañá en Valencia pide "seguir a liña que tivemos no empezo de liga en canto a maneiras, en canto a sensacións contra o Real Madrid. E agora temos que dar un paso máis en moitas cousas para conseguir puntos".

Referiuse tamén á lesión de Carles Gil, que se viu obrigado a retirarse do adestramento desta mañá ao sufrir unhas molestias na rexión púbica, pendente de avaliación médica: "Deixounos uns pouco fríos. Todos lle temos moito agarimo e queremos que estea canto antes porque é un magnífico futbolista polo que o Club apostou forte. Temos ganas de que estea connosco. Imos ver que din os médicos. Sabedes que non tiña o alta e por tanto eran cousas que podían pasar, que o xogador se pare un pouco máis".

Preguntado por Lucas Pérez, o técnico deportivista foi tallante: "Non falo máis. Non paga a pena. Preocúpome dos que están aquí porque a competición xa empezou. Diferente é cando a competición non empezara. Pero xa empezou. Os que teño aquí son os que me solucionan ou non as cousas. Máxima confianza en todos eles".

Mesmo, acto seguido, bromeou sobre este tema cos medios de comunicación:

-Xornalista: Pero a ninguén lle amarga un doce, imaxínome.

-Mel: Pero o doce está na pastelaría. Non está aquí.

Precisamente referente ao mercado de fichaxes, Pepe Mel considera "completamente absurdo que estea aberto cando a competición está xa en marcha. Estou a responderche preguntas de posibles fichaxes e saídas cando mañá temos un partido importantísimo. Iso desgasta e quítache a atención do verdadeiramente importante. Agora mesmo o que me importa a min son os 18 que mañá van a Valencia, que xa están decididos, porque eses son os únicos que poden gañarlle ao Levante".