RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

As deportivistas Sara e Aroa participan hoxe no brillante triunfo de Galicia sub-17 ante Murcia

- Foto: @futgal -

As 2 xogadoras do Deportivo ABANCA B seleccionadas por Galicia sub-17 para disputar a 2ª Fase do Campionato de España en Elda (Alacante) tiveron unha actuación destacada hoxe sábado no primeiro partido desta fase, ante Murcia (3-0).

Tanto Sara Álvarez como Aroa Guerra foron titulares nun choque hoxe sábado no que as galegas avanzaron o primeiro chanzo cara á Fase Final. Ante as murcianas, Aroa foi relevada no minuto 60 por Nerea Lombardero mentres que Sara estivo todo o partido sobre o céspede.

Mañá domingo, ás 12:30, Galicia necesita vencer á anfitrioa Valencia para sumar 9 puntos e lograr a clasificación para a Fase Final.

O calendario de partidos de Galicia sub-17 en Elda é o seguinte:

Sábado 15 de febreiro
GALICIA 3 - MURCIA 0

Domingo 16 de febreiro
12:30: VALENCIA - GALICIA, no Estadio Nuevo Pepico Amat de Elda (Alacante)