RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

As Fundacións RC Deportivo e IMQ San Rafael renovan o seu convenio de colaboración

A Fundación RC Deportivo e a Fundación IMQ San Rafael renovaron un ano máis o seu convenio de colaboración co obxectivo de seguir promovendo e fomentando de maneira conxunta actividades de carácter deportivo, cultural e social. Os asinantes do acordo foron o secretario do Padroado da Fundación IMQ San Rafael, Javier Peña García, e o presidente da Fundación RC Deportivo, Antonio Couceiro Méndez, no encontro que tivo lugar na sede do RC Deportivo na praza de Pontevedra.

O obxectivo do acordo está centrado no desenvolvemento conxunto de programas e campañas de fomento dos hábitos saudables, entre eles a promoción da actividade física, a nutrición e prevención da obesidade, así como a redución do tabaquismo ou a concienciación sobre o consumo de alcol.

No marco deste acordo, a Fundación IMQ San Rafael tamén continuará contribuíndo a ofrecer as máximas garantías de seguridade e atención médica aos membros máis novos da comunidade do RC Deportivo. Para iso, entre outras iniciativas, ofrecerá servizo médico en ambulancia medicalizada no transcurso Torneo Real Club Deportivo de Prebenxamíns e Benjamines que se disputa cada ano na Cidade Deportiva de Abegondo o 17 de maio e que non se puido celebrar nos seus dúas últimas edicións por mor da pandemia. Esta colaboración esténdese a outras accións deportivas, como as vinculadas ao equipo do Deportivo de LaLiga Genuine, ao que cada ano controlan nas probas médicas previas a adestramentos e competicións.

No transcurso do acto de firma, ambos os protagonistas mostraron a súa satisfacción por dar continuidade a este acordo que proximamente permitirá desenvolver proxectos que verán a luz nos próximos meses.

A Fundación Real Club Deportivo ten como finalidade principal a difusión e comunicación pública da proxección deportiva, social e histórica da actividade do Real Club Deportivo, así como o achegamento do deporte á sociedade, facilitando a súa práctica, nas súas distintas categorías e idades, especialmente entre as máis temperás, procurando que a práctica do deporte vaia unida a unha formación integral das mozas e mozos. Tamén traballa na formación de deportistas, en especial futbolistas, mediante a promoción e axuda á canteira e o apoio a centros de estudos, escolas e equipos deportivos de base ou amateur, tanto masculinos como femininos.

Pola súa banda, a principal misión da Fundación Instituto Médico Cirúrxico San Rafael é o desenvolvemento e o fomento da investigación biomédica e a súa promoción no ámbito de Galicia, a fin de favorecer a aplicación de novos produtos, técnicas e tecnoloxías para o tratamento e a prevención das enfermidades co máximo nivel que ofreza, en cada momento, a comunidade científica. Ademais, centra a súa actividade divulgativa na promoción da saúde en xeral, a través da docencia e da divulgación, así como a organización de actividades de formación continua dirixidas ao colectivo de profesionais sanitarios e o apoio, cos seus recursos e coñecementos, ao desenvolvemento e a protección de colectivos vulnerables ou desfavorecidos.