RCD / NOVAS

As lesións apartan a Andone e a Valverde das súas seleccións nesta data FIFA

18/03/2018 20:34

As lesións musculares motivaron que dous dos xogadores do Dépor convocados polas súas respectivas seleccións nacionais, Andone por Romanía e Fede Valverde por Uruguai, queden finalmente na Coruña nesta data FIFA.

En ambos os casos, os Servizos Médicos do RC Deportivo mantéñense en contacto permanente coas dúas federacións co fin de informar o estado físico dos dous xogadores.

Si estarán coas súas seleccións Celso Borges (Costa Rica) e Schär (Suíza); ademais do fabrilista Francis (Nixeria).

Máis novas de: ANDONE, FEDE VALVERDE, BORGES, SCHÄR

RCD / Noticias Relacionadas