RCD / NOVAS

Avalancha ofensiva do Dépor ABANCA ante o CD Monte

23/09/2018 14:42

O Deportivo ABANCA amarrou os 3 puntos ante CD Monte (9-0) en Abegondo pola vía rápida, con 5 goles na primeira media hora que deixaron sentenciado o choque.

As visitantes apenas puideron facer nada para frear a avalancha ofensiva branquiazul.

Peke, Érika, Teresa, Iris -3-, Silvia Mérida e Kika -2- foron as autoras dos goles deportivistas.

Desta forma, o conxunto que prepara Manu Sánchez suma 7 puntos de 9 posibles.

Deportivo ABANCA: Miralles, Cris, Silvia Mérida, Laura, Patri Díaz, Iris, Teresa, Michelle, Peke, Erika e Gaby. Tamén xogaron: Lía, Kika, Carlota e Miriam.

A próxima fin de semana, o Deportivo ABANCA visita ao Atlético Arousana, equipo recentemente ascendido á categoría de prata do balompé feminino.

A temporada transcorre así para o Deportivo ABANCA:

Deportivo ABANCA 2 (Lía e Peke) - PM Friol CD Lugo 2
Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA 7 (Teresa, Michelle Romero, Peke, Iris, Lía, Gaby e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA 9 (Peke, Érika, Teresa, Iris -3-, Silvia Mérida e Kika -2-) - CD Monte 0