RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Bakkali destaca en zona mixta o papel dos canteiráns do Dépor, como Francis e Edu

Zakaria Bakkali, Francis e Edu Expósito compareceron na zona mixta do Estadio ABANCA-RIAZOR, nada máis concluír a XIX edición do Memorial Moncho Rivera.

Precisamente Bakkali destaca que é "importante" o triunfo para a confianza do equipo porque "gañamos o partido, xogamos ben".

O internacional belga destacou a xuventude do Corinthians e aos canteiráns do Dépor: "Moi ben. Xogan como nós".

A meta nixeriano Francis, titular esta noite na portaría do Deportivo, subliñou estar "moi feliz. Non teño máis que dicir".

A súa primeira parada do encontro, un man a man co dianteiro Carlinhos, asegura que lle deu "confianza. Era a primeira acción. Foi unha boa parada. Subiume con ela a confianza".

De todos os xeitos, recalca que o seu papel no Deportivo "non cambia nada despois deste partido". É máis, di descoñecer "o que pensan de min. Para min a situación é a mesma".

Iso si, non oculta o seu desexo dalgún día ser titular no primeiro equipo, aínda que "por agora estou a pensar en crecer como xogador e aprender".

Finalmente Edu Expósito, autor dun bonito gol, conta esa xogada ante os medios de comunicación: "Piqueilla un pouco por encima ao defensa. Tentei xutar e golpeei coa perna menos hábil".

Neste sentido, apunta que "me gusta chegar á área. Agora estou a xogar máis atrás pero cando chego gústame disparar a portaría".

Cre que a súa participación co primeiro equipo é un "premio" ao seu traballo, e recoñece que "traballo cada semana para poder estar preparado para xogar. Pero iso decídeo o míster".

Esta noite, ante o Corinthians, explicou Edu Expósito que "eu estaba máis situado e Çolak tiña máis liberdade para dominar o balón e filtrar pases".