RCD / NOVAS

Baño de deportivismo para Andone, Joselu, Miriam e Elvira en Marineda City

17/12/2016 12:01

Catro xogadores do Real Club Deportivo (Andone, Joselu, Miriam e Elvira) recibiron onte un baño de deportivismo na caseta do Club na praza elíptica de Marineda City.

A tarde arrincou cunha visita dos futbolistas á Deportienda, situada a escasos metros do lugar do acto. Alí realizaron unha foto de familia diante dun dos Trofeos Teresa Herrera, que preside a tenda.

Con puntualidade británica, ás sete da tarde comezou o acto de firmas, ante máis dun centenar de afeccionados xa congregados no espazo reservado para o Deportivo na praza elíptica.

A espera mereceu a pena. Nenos/as e maiores de todas as idades puideron fotografarse cos xogadores, recibir unha postal fotografada ou un autógrafo en camisetas, balóns... ou simplemente un sorriso.