RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Bo balance de vitorias na canteira este fin de semana

Dos 12 equipos que conforman as categorías inferiores do RC Deportivo, 8 disputaron os seus encontros ligueiros onte sábado 26 de novembro, cun gran balance de 8 triunfos. O Alevín A descansou nesta xornada e só 3 equipos xogaron hoxe domingo 27, con outro tres vitorias: o Fabril na Illa de Arousa ante o Céltiga (0-2); o Deportivo Feminino B en Arteixo ante o Arcadia (2-1); e o Infantil B nas Eiroas (Carballo) ante o Bergantiños B (0-9).

Onte sábado sobresaíu o triplo duelo ante o Racing de Ferrol (Liga Nacional xuvenil, División de Honra cadete e Liga Galega infantil). Os dous primeiros foron en Abegondo (4-1 e 3-0 respectivamente).

En infantís, o Infantil A, líder do grupo 1º da liga Galega por primeira vez no que vai de tempada, visitou ao segundo clasificado, o Racing de Ferrol. Antes do partido, un só punto separaba a ambos os equipos. Goleou (0-14) o conxunto deportivista, nun partido estraño polo marcador final, impropio entre dous equipos da zona alta.

No resto de categorías, destaca na Segunda Comarcal alevín o triunfo (7-0) entre o Deportivo B, líder, fronte ao seu inmediato perseguidor, o Luís Calvo C.

Os resultados do fin de semana foron os seguintes:

Terceira División

CÉLTIGA 0 - FABRIL 2 (Edu e Jardel)

Categoría Feminina

Primeira División Autonómica: DEPORTIVO FEMININO B 2 (Vero -2-) - ARCADIA 1

Categoría Xuvenil

División de Honra: VAL MIÑOR 1 - XUVENIL A 3 (Boedo -2- e Pedro)

Liga Nacional: XUVENIL B 4 (Vermello -3- e Jorge) - RACING DE FERROL 1

Categoría Cadete

División de Honra: CADETE A 3 (Barbeito, Pichu e Bruno) - RACING DE FERROL 0

Liga Galega, grupo 1º: RACING DE FERROL B 0 - CADETE B 3 (Fito, Iván e Alex Espeso)

Categoría Infantil

Liga Galega, grupo 1º: RACING DE FERROL 0 - INFANTIL A 14 (Padín -4-, Dani, Axel -3-, Trilli, Novoa -3- e Jairo -2-)

Primeira Autonómica, grupo 1º: BERGANTIÑOS B 0 - INFANTIL B 9 (Hugo Baldomar -4-, Adrián Lombao, Trigo -2-, Roque e Quique)

Categoría Alevín

Segunda Comarcal A Coruña: ALEVÍN B 7 (Óscar -3-, Adrián, Hugo, Álvaro e David) - LUÍS CALVO SANZ C 0

Categoría Benjamín

Primeira Comarcal A Coruña: BENJAMÍN A 8 (Jairo, Dani, Erick, Eli, Bruno, Pablo Fernández, Marcos e Sergio) - PAIOSACO H. AÑÓN 1

Segunda Comarcal A Coruña: OBREIRO B 0 - BENJAMÍN B 5 (Raul -2-, Iago, Anxo e Guille)