RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Bo papel do Dépor infantil e benjamín na primeira xornada dos torneos amigables de Italia e Alemaña

Esta fin de semana, un equipo infantil do Deportivo e o Benxamín B do Club participan en trofeos amigables en Italia e Alemaña respectivamente.

Ademais, Abegondo foi escenario durante a semana de 3 encontros amigables co EFM Concello de Boiro e Viveiro CF como clubs invitados.

O Benxamín B clasificouse para a Fase Ouro da Kempen Cup de Alemaña

O Benxamín B disputou hoxe sábado 11 de maio a primeira xornada da Kempen Cup 2019 na localidade alemá de Kempen.

Após superar dúas fases, o conxunto deportivista clasificouse para a Fase Ouro, que concluirá mañá domingo.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Primeira Fase

BENXAMÍN B 2 (Raúl e Hugo) - VfB KIRCHELLEN 0
FC PARÍS 0 - BENXAMÍN B 0
TUS HONRAU F 0 - BENXAMÍN B 3 (Javi, Hugo e Rodrigo)

Segunda Fase

BENXAMÍN B 0 - FC HANSA ROSTOCK 1
BENXAMÍN B 6 (Iago Lameiro -2-, Javi, Raúl, Nico e Lucas) - SG BAD WILDUNGEN 0

Fase Ouro

BENXAMÍN B 2 (Iago Varela e Rodrigo) - FORTUNA COLONIA 0

Domingo 12 de maio

9:30: BENXAMÍN B - VITESSE ARNHEM

Dous bos empates, balance do Dépor na primeira xornada do Trofeo Città dei Motori infantil

Un equipo infantil do Deportivo compite na 6ª edición do Trofeo Città dei Motori, que se xoga na localidade italiana de Maranello.

O balance desta primeira xornada foi de dous empates de prestixio ante o Standard de Lieja e AS Roma.

Mañá domingo (09:00), o Torino FC será o último rival da Primeira Fase, no partido decisivo para pelexar polo podio.

O calendario de partidos do conxunto branquiazul, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Sábado 11 de maio
DEPORTIVO 1 (Miguel Conde) - STANDARD LIEJA 1
AS ROMA 1 - DEPORTIVO 1 (Úbeda)

Domingo 12 de maio
09:00: TORINO FC - DEPORTIVO

Segundo clasificación, os equipos acceden á Fase Final, que comeza ás 14:45 horas.

Tres amigables saldados con triunfo na Cidade Deportiva

Un equipo infantil, Alevín B e Benxamín B disputaron, e gañaron, compromisos amigables esta semana en Abegondo.

Os resultados foron os seguintes:

Martes 7 de maio
ALEVÍN B 7 (Rubén Trillo -2-, Diego -2-, Pablo, Eder e Anxo) - EFM CONCELLO DE BOIRO 1
BENXAMÍN B 8 (Pablo -3-, Esteban -3-, Rodrigo e Lucas Vázquez) - EFM CONCELLO DE BOIRO 4

Mércores 8 de maio
DEPORTIVO (infantil) 8 (Jorge, Diego, Pablo Parada, Memet, Óscar, Pablo Seco -2- e Guerrero) - VIVEIRO CF 1