RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Boas sensacións do Xuvenil B na súa vitoria sobre o Bergantiños CF A, a unha semana da liga

O Xuvenil B deixou boas sensacións na súa vitoria (1-3) ante o Bergantiños CF A en As Eiroas, no último amigable de pretemporada. David e Kevin -2- foron os goleadores branquiazuis ante un rival formado por futbolistas superiores en idade.

Xuvenil B: Nuno, Álvaro, Gabri, Martiño, Nico, Carreira, David, Montero, Kevin, Adrián Lombao e Ogando. Tamén xogaron: Moraña, Vilela, Rodrigo, Marco Baña, Domínguez e Hugo.

O Xuvenil B iniciará o próximo 19 de setembro na Coruña ante o Ural Español CF B a defensa do seu título de campión da liga Nacional. O ultimo encontro será o 29 de maio de 2022 en Cangas do Morrazo fronte ao Alondras Cf.

Esta temporada, o formato de competición será de liga a dobre volta todos contra todos, cun total de 34 xornadas. Os dous primeiros ascenderán á División de Honra e os dous últimos perderán a categoría.

Os derbis ante o RC Celta B serán o 10 de outubro en Abegondo (xornada 4ª) e o 20 de febreiro en Vigo (xornada 21ª).

A pretemporada transcorreu así para o Xuvenil B:

Xuvenil B 1 (un futbolista rival en propia meta) - Sporting de Gijón 3 (XV Oviedo Cup)
Ponte Castro CF 1 - Xuvenil B 2 (Álex Delgado -2-) (XV Oviedo Cup)
Xuvenil B 0 - CD Covadonga 1 (XV Oviedo Cup)
Xuvenil B 1 (Kevin) - CD Calasanz A 0
Bergantiños CF A 1 - Xuvenil A 3 (David e Kevin -2-)