RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja Jiménez asegura que "teño menos dúbidas, estou moito máis convencido porque facemos bastantes cousas ben"

Borja Jiménez manifestou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que "entramos ben ao partido, con algunha situación de gol, sobre todo nunha de Mario Soriano... Fixemos 20, 25 minutos ben. Logo custounos un pouquiño recuperar a pelota e aí estivemos, desde o gol que encaixamos, a dinámica que viñamos faiche dubidar en canto a 'hostia outra vez en gol en contra'. Ese desconcerto levounos desde o minuto 25, cando foi o gol, até o final da primeira parte. Daquela a segunda parte o equipo entrou ben, fixemos algún pequeno axuste, sobre todo a nivel ofensivo que nos permitise ser moi dominadores como fomos a segunda parte. Pero agora pégannos no pau, cando imos rematar pónseme un compañeiro diante. Agora estannos pasando todas esas cousas pero hai que seguir".

O técnico deportivista admite que "non hai consolo, non temos desculpa"; e a #ANOSAFORZA "pedirlles perdón porque tiñan todas as esperanzas. Hai xente que fixo moitísimos esforzos para estar hoxe aquí, todo o mundo. Hai xente que vén de moi lonxe, xente que hoxe quería gañar, igual que todos nós e non o conseguimos. Partindo desa base de que o ambiente que vivimos foi incrible, pois fodidos por non darlles unha alegría. O noso único obxectivo era que puidesen descansar ben e non o conseguimos. Pola empatía que temos con #ANOSAFORZA, dóenos moito, a min persoalmente. Esnaquízame por dentro o non poderlles dar o que buscamos desde o minuto un".

Non cre que o Racing "fixese máis méritos a primeira parte que nós para adiantarse, porque considero que para poder ser campión tes que facer moitas cousas que che permitan atacar tanto como atacamos hoxe, aínda que perdas. É a maneira que teño de entender isto".

Confesa que antes de comparecer ante os medios de comunicación, "o único que fixen todo este tempo é ir falando con todos. É momento de que eles poidan seguir sentíndose igual de bos. Todo o que facían antes estano facendo. A maioría deles non cambiaron ningún hábito, son os mesmos xogadores que nos puxeron líderes. O único consolo que temos hoxe é mirar a clasificación porque seguimos líderes, é verdade que cun partido máis. Pero son os mesmos, entón hai que traballar con eles o aspecto mental, hai que estar moi preto deles para poñer en valor o que fixeron até estas 3 xornadas, analizar o que nos levou a perder estas 3 xornadas e sobre todo non cambiar nada do que fixemos até agora ou moi pouquiñas cousas en canto a querer ser dominadores, querer gañar calquera partido independentemente de onde vingamos, ser valentes. Iso non vai cambiar. Este equipo está construído para ser valente, para ser dominador para atacar ao rival desde o minuto 1, sabendo que che poden gañar nunha acción illada ou logo facerche o 2-0 nunha contra ou en balón parado porque si, porque cando tes xogadores pequeniños sofres en determinadas fases do xogo. Entón hai que traballar con eles estes días. O fútbol é así de fodido. O que hai dúas semanas e media parecía que o iamos a solucionar rápido, digo parecía porque eu nunca tiven esa sensación, pois agora ves que abril e maio. Abril e maio é onde se vai a decidir. Temos mala sorte, agora hai que pensar no domingo, en gañar en ABANCA-RIAZOR e a vida segue. Temos que mellorar cousas, recuperar á xente e gañar, que é o que agora non facemos: gañar. É fodido porque ao final a isto hai que gañar, pero o equipo segue facendo bastantes cousas ben, como eu entendo o fútbol, e algunhas peor agora".

Borja Jiménez está convencido que "vai haber máis xente na pelexa porque nin Dépor nin Racing van gañar todo o que queda. Meterase máis xente. Xa hai metida máis xente. Cinco ou seis puntos é estar aí na pelexa".

Tampouco pensa que afecte o equipo a nivel mental "a longo prazo. Hoxe a xente está moi fodida porque o propio futbolista empatizou moi ben con #ANOSAFORZA. Entón é como que che doe máis. Cando es un pouco funcionario, vés aquí, perdes, vasche, pois me deito, mañá volvo traballar e xa pasará. Pero si que creo que o equipo e todo o mundo, creo que é recíproco por parte de #ANOSAFORZA, habemos empatizado moito, entón séntelo como teu e sentes que a afección se vaia hoxe fodida e entón aféctache máis que o demais, máis que o habitual ao propio futbolista. Temos moito xogador novo tamén e están a vivir unha experiencia con tanta xente nun campo que antes nunca viviran. Han empatizado moito, han conxeniado moito, entón están fodidos nese aspecto. Cando pasen 24, 48 horas de loito, o noso obxectivo ten que ser gañar ao Calahorra e facer o noso camiño, os nosos puntos, o noso camiño. E logo, ver quen é o que queda campión en maio".

Non ten ningunha dúbida "de toda a contorna que eu manexo, que é a miña xente do día a día, os meus xogadores que son os que me preocupan porque son sobre os que podo facer eu algo. E de #ANOSAFORZA non vou dubidar. Non podo porque son as mellores, porque hoxe todo o que nos digan, pois é merecido. A min o primeiro, pois porque é así. Pero a afección perde hoxe o equipo e está aí. E perde o outro día e está aí; e o domingo virán e estarán aí,. Da afección non teño ningunha dúbida. Podes dubidar dunha chea de cousas, pero da afección do Dépor non. Agora está xustificada calquera cousa que nos digan por que perdemos e a nosa profesión é así. Cando ganas es moi bo e cando perdes a análise moitas veces rápido é que es moi malo. Hai que acatar todo o que nos digan porque non gañamos. A xente pode mostrar a súa opinión; é máis, debe mostrar a súa opinión. O camiño é estar xuntiños. Eles, nós, vós (polos medios de comunicación). É o único camiño porque xuntos en maio poderemos celebralo. Diso si que non teño ningunha dúbida, nin a tiña hai 3 semanas nin a teño agora. Diría que teño menos dúbidas. Estou moito máis convencido porque facemos bastantes cousas ben e porque creo que nolo merecemos".

Pola súa banda, Guillermo Fernández Romo, adestrador do Real Racing Club, afirmou que "nestes partidos cando te pos por diante dáche moito. A primeira parte foi moi redonda polo meu equipo. Na segunda había fases que había que tentar controlar o resultado, xerar algunha situación máis de contraataque para pechar o partido, ter o control da pelota. Pero era difícil. Eles soltaron a moitos xogadores por arriba, moita altura nos seus laterais e inconscientemente te afundías. Todos os meus xogadores estiveron fantásticos".