RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja Jiménez: "Fixemos bastantes cousas como para non perder, pero isto é cuestión de acerto e hoxe non o tivemos"

Borja Jiménez comentou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que "o partido nos pode levar a un partido similar ao da primeira volta. Onde se o levas a números, os seus dúas únicas situacións de gol, que veñen en dúas perdas nosas, unha é un golazo e a outra o xestionan ben, píllanos con mal balance, que iso é corrixible. Con cero a cero tivemos situacións moi claras de gol, de mala execución á hora do golpeo, á hora de ter paciencia. E non fomos capaces. Logo iniciamos ben, tivemos a situación do penalti e moitas máis situacións antes do dous a cero, pero non fomos capaces. Tentamos facer cambios para levar desborde con Álvaro Rey na dereita co de Willy. Sacamos un rematador como Quiles, volvemos a ter situacións de gol, pero hoxe estaba de que non. Fariamos cousas mal, hai que mellorar. Ao final cando teñamos que perder que sexa así, tentando ser superior ao rival, xerando situacións de gol".

O adestrador deportivista subliña que "hoxe a sensación é que estaba de que non, porque mesmo na última que rematamos claro, o balón queda queda medio morto. Non nos dá pero hai que seguir".

Lembra que "nalgún momento ía chegar a derrota. Mañá outra vez a traballar coa mesma ilusión de sempre e sabendo que, como vos dixen un millón de veces xa, non vai ser nada fácil".

Borja Jiménez apunta ademais que "eles tiveron moitísimo acerto, cento por cento diríache. É o mellor visitante, é un equipo que transita moi ben como demostrou. Nas dúas situacións podemos facer máis. A primeira, unha vez que perdes a pelota e reorganízasche, a un xogador como Alain non hai que deixarlle golpear; e na segunda temos que ter mellor balance por detrás da pelota. Está claro que fixemos bastantes cousas como para non perder, pero isto é cuestión de acerto e hoxe non o tivemos".

Non cre o adestrador branquiazul que o ambiente de incerteza que rodeou a disputa do partido afectase ao Dépor: "Non o cría na previa e non o vou a xustificar agora. O que está claro é que nós tiñamos máis baixas que eles. Non hai nada que ocultar. Eles tiveron un xogador con COVID, nós temos 3 lesionados, pero non nos serve de escusa. En ningún momento tiven a sensación de que non viñesen xogar porque se tivesen 8 baixas pois non se xogou porque a Federación non o permitiu. Era un partido moi igualado, visitábanos o mellor visitante e demostrouno. Tiñamos que xogar porque os dous estabamos en condicións e gañáronnos".

Confesa que "o vestiario está fodido. Coas derrotas hai que estar encabuxado, hai que facer análise frío e estar fodido. Cando perdes nun deporte ao que queres gañar, pois os momentos de despois son feos; pero hai que facer análise, reflexionar. Mañá é luns e a preparar o partido da SD Logroñés e todo o que vaia vindo. Se cada semana que gañemos montamos unha festa e cada semana que perdamos un drama isto vai ser insustentable en canto aos picos de estados de humor. Hai que seguir facendo as cousas como as fixemos até agora, que creo que nos serviu para seguir sendo líderes e darlle moita tranquilidade, sabendo que vai ser moi difícil".

Finalmente, conta que ao final da primeira parte dirixiuse ao árbitro do partido co fin de dicirlle que "interpretaba que un xogador que ten 3 puntos de sutura nunha acción dun córner, alguén o tivo que empuxar ou pegar. Nada máis. Encima que esa acción pode ser penalti ou é penalti, custounos estar dous minutos cun xogador menos mentres lle gravaban a cella, unha amarela a Juergen. A peaxe desa acción para nós foi moi mala. Só dixen iso porque cría que debía dicirllo".

Pola súa banda, Joseba Aguirre, segundo adestrador do Real Unión que compareceu ante os medios de comunicación pola ausencia do seu técnico Aitor Zulaika, indicou que "a semana foi moi dura. Co tema do COVID o equipo non puido adestrar como queriamos. Son uns profesionais estes rapaces e o partido que fixeron hoxe... O que expuxeramos saíu á perfección. Moi contentos".