RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja Jiménez ve un vestiario "moi bo. Todos teñen o mesmo obxectivo, o mesmo soño, as mesmas ganas por conseguir algo moi bonito"

Borja Jiménez recoñeceu esta tarde na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que "levamos semanas incidindo bastante en afrontar cada remate, cada situación, cada centro coma se fose o último para ir collendo boas sensacións".

Espera mañá sábado ás 19:00 horas en ABANCA-RIAZOR (Footters) un Racing de Ferrol "como todos os equipos cando veñen aquí. Para todos poder vir a ABANCA-RIAZOR dálles un plus de intensidade, de querer mostrarse. Case sempre nos atopamos equipos por riba do que foron as súas posibilidades até ese momento. O que temos nós moi claro é o que queremos facer, sabendo que o Racing é un bo equipo que leva todo o ano arriba, que ten xogadores na parcela ofensiva determinantes na categoría porque o están mostrando así durante todo o ano. Vai ser un partido espero que menos igualado que a primeira volta onde podamos gañar e sumar os tres puntos ante #ANOSAFORZA que os merecen e debémosllos".

Desexa un partido "con moito ritmo, con continuidade de accións, con poucas interrupcións. Oxalá podamos ver un partido que nos leve a iso. Esa vai ser nosa intención. Non sei o que nos imos a atopar por parte do Racing, pero temos moi claro onde sentimos nós cómodos, que é nesa continuidade de accións. Queremos que sexa un partido de alta intensidade, de bastante acción, onde podamos sentirnos cómodos, dominadores... Como tentamos sempre, independentemente de quen veña e de onde xoguemos. A idea do equipo non vai cambiar porque estamos convencidos de que é a liña a seguir, de que é o camiño e de que é o que nos vai a permitir conseguir o obxectivo en maio".

Preguntado por Álvaro Rey, opina que o ve "ben, xa desde o día de Santander, que o puxemos de inicio e criamos que podía facelo de inicio. Logo é verdade que despois tivemos partido entre semana, que foi aquí Calahorra que decidimos darlle descanso; e o outro día as características de Álvaro e do campo sintético non eran as máis convenientes. É un xogador que colleu ese puntiño de forma, cun un contra un diferencial na categoría, que nos dá esa pausa por dentro tamén. Dentro das mesturas que facemos cada día, tentaremos elixir o mellor posible e decidiremos se non ten que xogar, se ten que xogar un intre ou ten que facelo de inicio, pero a nivel físico cada vez está mellor. O que está claro é que xa desde hai semanas pode iniciar".

A nivel persoal, di levar a temporada "coa normalidade coa que a levamos os adestradores. Son unha persoa moi reflexiva en todo o que ocorre, gústame ter as cousas moi claras, pensalo. É verdade que ante as derrotas dedicamos aínda máis tempo para ver que necesitaba o equipo, para tomar decisións que fosen boas para eles. Estou súper convencido de cal é o camiño que temos que seguir, como hai que facer as cousas, desde a miña tranquilidade para analizar as cousas fríamente, para tomar decisións con cabeza, a mellor maneira para o equipo, para o Club, sabendo a magnitude que ten o Club e que é normal que un club que é gañador, cando non gañes, sintas esa necesidade de que tes que facelo cada sete días. Cando xa levas bastantes anos nesta profesión dásche conta ou empezas a entender que a vitoria ou a derrota non deben desviarche do teu camiño. É verdade que hai algunhas semanas xuntáronse esas tres derrotas, pero teño tal convencemento de que vai ir todo ben, de que esta é a forma de poder ser campións tendo un equipo gañador que estou convencido diso, sabendo que, como dixen sempre, o camiño non ía ser tan sinxelo como houbo momentos que nos pode haber parecido que ía ser".

Séntese o adestrador branquiazul "con ganas. Xa tivemos esa capacidade de reverter un pouquiño a situación. O equipo esta semana transmitiunos moita seguridade, moita confianza, moita ambición. Temos un vestiario moi bo. Moi, moi, moi bo. Todos teñen o mesmo obxectivo, o mesmo soño, as mesmas ganas por conseguir algo moi bonito para o Club, para a cidade. Imos todos a un tempo. Cando non gañamos estamos fodidos porque é o normal, pero eu como capitán do barco, son o que menos se me pode notar. Estou tranquilo e súper confiado de que vai ir todo ben e que en maio o imos a ver todo afastado e imos entender que era parte do proceso".