RCD / NOVAS

Borja Valle renova o seu contrato co Dépor por unha temporada máis

30/08/2018 08:35

Borja Valle Balonga (Ponferrada, 9 de xullo de 1992) e o Real Club Deportivo chegaron a un acordo para a ampliación da súa vinculación contractual por unha temporada máis da que figuraba no seu actual contrato, polo que o berciano será xogador branquiazul até o 30 de xuño de 2020.

Deste xeito, o Deportivo reitera a súa confianza nun futbolista que aposta por converterse nun xogador importante no novo proxecto deportivista.

Máis novas de: BORJA VALLE