RCD / NOVAS

Bruno Gama, pendente de probas médicas

27/11/2016 12:40

Bruno Gama sufriu onte no partido do Dépor en Málaga unhas molestias no bíceps femoral da súa perna esquerda. O atacante deportivista recibiu esta mañá tratamento médico e de fisioterapia e será sometido nos próximos días a probas médicas complementarias para ditaminar o alcance exacto destas molestias.

Joselu, sen alta médica, adestrouse de novo con normalidade co grupo; mentres que Borja Vale realizou xa unha parte da sesión ás ordes de Gaizka Garitano.

Babel adestrouse co readaptador Fran Molano e Laure tivo tratamento médico e de fisioterapia.

Podes consultar aquí o estado físico do persoal deportivista: