RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Calendario de #ANOSACANTEIRA 7 e 8 de xaneiro de 2017

A canteira deportivista arranca a competición oficial en 2017, con partidos ligueiros para Fabril, Deportivo Abanca B, Xuvenil A, Xuvenil B, Infantil A, Infantil B, Alevín A e Benxamín A.

Non teñen competición esta fin de semana o Alevín B, que acabou a liga na Segunda Comarcal A Coruña; e o Benxamín B, que reanuda a Segunda Comarcal A Coruña o sábado 14 de xaneiro.

O Fabril terá un complicado partido ante o Compostela, en San Lázaro, o domingo 8 de xaneiro ás 17.00 horas. Será sen dúbida o partido máis destacado da fin de semana.

Nesta ocasión xogan en Abegondo Xuvenil A (o domingo), Xuvenil B, Cadete A e Infantil B (os tres o sábado); alén do Deportivo Abanca B en Arteixo. Para os partidos dos tres primeiros equipos, como é habitual, os socios teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada custa 3 euros.

Finalmente, o Alevín A visita o Obrero A no partido de ida de cuartos de final da Segunda Fase da Primeira Comarcal.

O calendario de partidos desta primeira fin de semana ligueira en 2017 é o seguinte:

Terceira División

COMPOSTELA - FABRIL, o domingo 8 de xaneiro no Multiusos de San Lázaro
Clasificación: 1. Rápido de Bouzas, 41 puntos; 2. Racing Vilalbés, 40 puntos; 3. Fabril, 35 puntos; 4. Cerceda, 34 puntos; 5. Arosa, 33 puntos...

Categoría Feminina

DEPORTIVO ABANCA B - MILAGROSA, o domingo 8 de xaneiro ás 16:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)
Clasificación da Primeira División Autonómica: ... 7. Umia e Victoria B, 20 puntos; 9. Deportivo Abanca B e Milagrosa, 16 puntos; 11. Arcadia, 13 puntos...

Categoría Xuvenil

XUVENIL A - BANSANDER, o domingo 8 de xaneiro ás 12.00 en Abegondo (campo 1)
Clasificación da División de Honra: ... 3. Oviedo, 35 puntos; 4. Lugo, 33 puntos; 5. Xuvenil A, 32 puntos; 6. Real Racing Club, 31 puntos...

XUVENIL B - PORRIÑO INDUSTRIAL, o sábado 7 de xaneiro ás 16.30 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da Liga Nacional: 1. Celta B, 41 puntos; 2. Xuvenil B, 35 puntos; 3. Racing de Ferrol, 30 puntos...

Categoría Cadete

CADETE A - GALICIA CARANZA, o sábado 7 de xaneiro ás 12.00 en Abegondo (campo 6)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 46 puntos; 2. Cadete A, 39 puntos; 3. Victoria e Lugo, 37 puntos...

DUMBRÍA - CADETE B, o sábado 7 de xaneiro ás 12:00 no campo do Conco (Dumbría)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Calasanz, 38 puntos; 2. Xuventude de Oroso, 34 puntos; 3. Cadete B e Atlético Coruña Montañeros, 32 puntos; 5. Santiago de Compostela, 31 puntos...

Categoría Infantil

Amistoso, disputado hoxe xoves en Roma: INFANTIL A 6 (Axel -2-, Jorge, Álvaro, Chucas e Padín) - KOBE (Xapón) 4
DUMBRÍA - INFANTIL A, o domingo 8 de xaneiro ás 11:30 no campo do Conco (Dumbría)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Infantil A, 44 puntos; 2. Ural, 43 puntos...

INFANTIL B - ORILLAMAR, o sábado 7 de xaneiro ás 10:30 en Abegondo (campo 7)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 42 puntos; 2. Imperátor, 35 puntos...

Categoría Alevín

Segunda Fase da Primeira Comarcal, cuartos de final, ida: OBRERO A - ALEVÍN A, o sábado 7 de xaneiro ás 12.00 no campo Eugenio Pardo Concheiro de Oleiros

Categoría Benxamín

VICTORIA A - BENXAMÍN A, o sábado 7 de xaneiro ás 10:30 na Torre
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Benxamín A, 39 puntos; 2. Olímpico A, 34 puntos...