RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Calendario de #ANOSACANTEIRA do 28 e 29 de outubro

A Cidade Deportiva de Abegondo será o epicentro esta fin de semana en #ANOSACANTEIRA, posto que ata catro equipos xogan nas instalacións branquiazuis.

O sábado 28 a quenda será para o Xuvenil B (ás 12:00 horas ante o Santa Mariña), o Xuvenil A (ás 16:30 horas ante o Areosa) e o Cadete A (ás 18:15 horas tamén ante o Areosa). Para estes partidos, os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. Para o público, a entrada custa 3 euros.

O domingo 29 xoga o líder da Segunda División B, o Fabril, que recibe ao Guijuelo (17:00 horas). Os socios deportivistas tamén teñen entrada libre. As entradas sénior custan 10 euros; e 3 euros os menores de 16 anos.

Nas demais categorías destaca o dobre duelo na Liga Galega cadete e infantil co San Tirso, ambos os choques no campo do Monte.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda División B
11ª xornada: FABRIL - GUIJUELO, o domingo 29 de outubro ás 17:00 en Abegondo
Clasificación do grupo 1º da Segunda División B: 1. Fabril, 25 puntos; 2. Fuenlabrada, 23 puntos; 3. Celta B, 21 puntos...

Categoría feminina
8ª xornada: ATLÉTICO AROUSANA - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 29 de outubro ás 12:00 na Lomba (Vilagarcía)
Clasificación da Primeira Autonómica Feminina: 1. Valladares, 21 puntos; 2. Atlético Arousana, 19 puntos; 3. Deportivo ABANCA B, 16 puntos; 4. Viajes InterRías FF, 15 puntos; 5. Mos, 14 puntos...

Categoría xuvenil
10ª xornada: XUVENIL A - AREOSA, o sábado 28 de outubro ás 16:30 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. Oviedo e Sporting de Gijón, 20 puntos; 3. Celta, 19 puntos; 4. Xuvenil A, Roces e Racing de Santander, 18 puntos; 7. Atlético Perines, 13 puntos...

9ª xornada: XUVENIL B - SANTA MARIÑA, o sábado 28 de outubro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación da Liga Nacional: ... 4. Pabellón de Ourense e Racing de Ferrol, 15 puntos; 6. Xuvenil B e Santa Mariña, 13 puntos; 8. Lugo B, 11 puntos...

Categoría cadete
9ª xornada: CADETE A - AREOSA, o sábado 28 de outubro ás 18:15 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. Celta A, 24 puntos; 2. Cadete A, 20 puntos; 3. Pontevedra, 18 puntos...

9ª xornada: SAN TIRSO - CADETE B, o sábado 28 de outubro ás 10:15 no Monte (San Tirso)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: ... 2. San Tirso, 22 puntos; 3. Escola Estrada Fútbol Base, 18 puntos; 4. Xuventude de Oroso e Cadete B, 17 puntos; 6. Viveiro A, 16 puntos...

Categoría infantil
9ª xornada: SAN TIRSO - INFANTIL A, o domingo 29 de outubro ás 12:00 no Monte (San Tirso)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Infantil A, 22 puntos; 2. Calasanz, 20 puntos...

10ª xornada: MARAVILLAS A - INFANTIL B, o sábado 28 de outubro ás 11:00 en Elviña pequeno (A Coruña)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Orillamar, 25 puntos; 2. Infantil B, 21 puntos; 3. Ural B, 20 puntos; 4. Santa María del Mar, 17 puntos...

Categoría alevín
Amigable, xogado o pasado martes: ALEVÍN A 4 (Héctor, Dani, Pablo e Álvaro) - IMPERÁTOR B (infantil) 2

3ª xornada: ALEVÍN - IMPERÁTOR A, o sábado 28 de outubro ás 13:00 na Torre (nº 2.1)
Clasificación da Primeira Comarcal, grupo 1º: 1. Alevín A e Calasanz A, 6 puntos; 3. Orillamar A e Olímpico A, 3 puntos...

3ª xornada: VICTORIA B - ALEVÍN B, o sábado 28 de outubro ás 10:00 na Torre (nº 2.1)

Categoría benxamín
3ª xornada: ORILLAMAR A - BENXAMÍN A, o sábado 28 de outubro ás 10:00 na Torre (nº 1.2)
Clasificación da Primeira Comarcal, grupo 2º: 1. Benxamín A e Calasanz A, 6 puntos; 3. Orillamar A, 4 puntos...

3ª xornada: BETANZOS B - BENXAMÍN B, o sábado 28 de outubro ás 11:45 no Carregal (Betanzos)
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Benxamín B e Luis Calvo C, 6 puntos; 3. Calasanz C, 4 puntos...