RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Calendario de #ANOSACANTEIRA do 23 ao 27 de agosto e resultados de hoxe venres

Esta tarde, o Infantil A disputou en Abegondo un novo amigable de preparación, esta vez ante o Bergantiños B de categoría cadete. O triunfo foi deportivista (3-2) nun interesante test. Martín Burgos, Hugo Baldomar e Iván Vázquez foron os goleadores branquiazuis.

Pola súa banda, o Deportivo ABANCA B inicia mañá sábado na Torre a súa participación na XIV edición do Memorial Manuel Fernández Faraldo. Os seus rivais serán O Val e Orzán, ambos os equipos tamén de Primeira División Galega.

Para o domingo ás 12:00 horas queda o primeiro encontro do Fabril esta temporada en Abegondo, no regreso do filial á Segunda División B, no partido destacado esta fin de semana en #ANOSACANTEIRA. Será fronte ao San Sebastián de los Reyes.

Os socios do RC Deportivo teñen acceso gratuíto á Cidade Deportiva. Para o público, a entrada custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 16 anos.

Será o único partido de competición oficial, porque os demais son amigables: Xuvenil A en Santa Cruz de Arrabaldo; o citado torneo do Deportivo ABANCA B na Torre; e Infantil A, Infantil A San Tirso e Infantil B en Abegondo.

Precisamente o complexo deportivista foi escenario o pasado mércores 23 de agosto doutros catro encontros de preparación para outros tantos equipos de #ANOSACANTEIRA: Xuvenil A, Xuvenil B, Cadete A e Cadete B.

O calendario de partidos, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
2ª xornada: FABRIL - SAN SEBASTIÁN DE LOS REYES, o domingo 27 de agosto ás 12:00 en Abegondo

Categoría feminina
XIV Memorial Manuel Fernández Faraldo, en La Torre (campo 1)
Sábado 26 de agosto
18:00: O VAL - DEPORTIVO ABANCA B
20:00: DEPORTIVO ABANCA B - ORZÁN

Domingo 27 de agosto
11:00: O VAL - DEPORTIVO ABANCA B
13:00: DEPORTIVO ABANCA B - ORZÁN

Cada partido gañado son 3 puntos e empatado 1 punto. O equipo que some máis puntos será o vencedor.

Categoría xuvenil
Xogado o pasado mércores: XUVENIL A 3 (Paulo -2- e Mosquera) - SAN TIRSO (Rexional Preferente) 0

Memorial Manolo Arnoia en Santa Cruz de Arrabaldo (Ourense)
Sábado 26 de agosto
Semifinal
12:00: XUVENIL A - LUGO

O gañador xoga a final ás 19:00 e o perdedor a final de consolación, ás 17.00 horas

Xogado o pasado mércores: XUVENIL B 2 (Ernesto e Álvaro) - PLASENCIA (xuvenil) 3

Categoría cadete
Xogado o pasado mércores: CADETE A 5 - VICTORIA (xuvenil) 1 (Juanma -2-, Do Carmo, Pol e Peke)

Xogado o pasado mércores: CADETE B 4 (Iago -2-, Nils e Mouriño) - MONTAÑEROS B 0

Categoría infantil
Xogado hoxe venres: INFANTIL A 3 (Martín Burgos, Hugo Baldomar e Iván Vázquez) - BERGANTIÑOS B (cadete) 2

INFANTIL A SAN TIRSO - IMPERÁTOR, o sábado 26 de agosto ás 11:00 en Abegondo (campo 6)

INFANTIL B - IMPERÁTOR, o sábado 26 de agosto ás 11:00 en Abegondo (campo 7)