RCD / NOVAS

Calendario e resultados de #ANOSACANTEIRA nos torneos de nadal

29/12/2016 01:29

A Aragon Cup marcou hoxe mércores 28 de decembro o inicio de varios torneos de nadal previstos na canteira deportivista durante este parón ligueiro.

Os equipos branquiazuis (Cadete A, Infantil A, Infantil B, Alevín A, Alevín B y Benxamín A) compiten estes días en Zaragoza, Huesca, Vigo, Roma e A Coruña.

Na Aragon Cup, Cadete A e Infantil B afrontan mañá xoves a segunda fase da competición, os cuartos de final. E no campo coruñés de Elviña, o Benxamín A disputa tamén mañá xoves o Torneo de Nadal do Ural.

Segunda Fase da Aragon Cup 2016 para Cadete A e Infantil B

Dous equipos do RC Deportivo (Cadete A de División de Honra e Infantil B de Primeira División Autonómica) participan este Nadal na Aragon Cup 2016 en Zaragoza e Huesca.

Os resultados do Cadete A na Primeira Fase foron os seguintes:

Mércores 28 de decembro
CADETE A 1 (Pichu) - EM EL OLIVAR A 2
CERDANYOLA FC B 0 - CADETE A 5 (Pichu -2-, Ernesto, Dani y Alex)

 

Xoves 29 de decembro
Cuartos de final
10:00: CADETE A - OSASUNA

Os resultados do Infantil B na Primeira Fase foron os seguintes::

Mércores 28 de decembro
INFANTIL B 4 (Adrián Lombao, Quique, Trigo e Roque)- SD HUESCA B 0
INFANTIL B 8 (Quique, Hugo Baldomar, Trigo, Xosé, Dani -2- e Iván -2-) - CP CALASANCIO 0

Xoves 29 de decembro
Cuartos de final
10:00: INFANTIL B - PEÑAS OSCENSES

Alevín A e Benxamín A, no Torneo do Ural mañá xoves e o venres

O Alevín A e o Benxamín A do Deportivo compiten no Torneo de Nadal do Ural, que terá como escenario o campo de Elviña (A Coruña).

Así, o Alevín A xoga o venres 30 de decembro, con este calendario da Primeira Fase:

10:00: ALEVÍN A - SANTIAGO DE COMPOSTELA
11:00: XUVENTUDE DE OROSO - ALEVÍN A
12:00: EF LALÍN - ALEVÍN A

Os dous primeiros clasificados acceden a cuartos de final, que se disputan xa a continuación.

Pola súa parte, o Benxamín A participa mañá xoves 29 de decembro, con estes partidos da Primeira Fase xa definidos:

9:30: BENXAMÍN A - ORILLAMAR
10:30: VICTORIA - BENXAMÍN A
11:30: BENXAMÍN A - CALASANZ

Os dous primeiros equipos clasificaranse a cuartos de final, que se xogan a seguir.

O Alevín B participa no Torneo Concello de Vigo

O Alevín B branquiazul xoga o próximo venres 30 de decembro o Torneo Concello de Vigo, que terá como escenario o Municipal de Pahíño en Navia.

Os partidos da Primeira Fase para o equipo deportivista son os seguintes:

11:00: LUGO A - ALEVÍN B
12:30: CAMPIÓN DA FASE PREVIA DE VIGO - ALEVÍN B

O primeiro clasificado accede a semifinais, que se xogan xa a continuación.

O Infantil A comezará 2017 cun torneo amigable en Roma

O próximo domingo 1 de xaneiro de 2017, o Infantil A do Deportivo, que compite na Liga Galega, viaxará a Roma (vía Madrid) para competir nun torneo amigable de fútbol once organizado polo clube italiano GSD Nuova Tor Tre Teste.

O conxunto deportivista quedou encadrado na Primeira Fase no grupo B, co FC Inter, o SS Lazio e o Margine Coperta.

O calendario da Primeira Fase é o seguinte:

Luns 2 de xaneiro de 2017
17:00: INFANTIL A - FC INTER (campo Francesca Gianni)

Martes 3 de xaneiro de 2017
19:00: SS LAZIO - INFANTIL A (campo Francesca Gianni)

Mércores 4 de xaneiro de 2017
15:00: INFANTIL A - MARGINE COPERTA (campo de Candiani)

O primeiro clasificado disputará as semifinais, que se xogarán o xoves 5 de xaneiro.