RCD / NOVAS

Carlos Fernández, novo xogador do Dépor 2018-2019

30/08/2018 22:39

Carlos Fernández Luna (Sevilla, 22 de maio de 1996) converteuse hoxe en novo xogador do Deportivo para esta temporada 2018-2019. O dianteiro andaluz chega procedente do Sevilla FC no que desenvolveu toda a súa carreira, para xogar cedido na Coruña.

Con 40 partidos acumulados entre Primeira, Segunda e a Copa do Rei, e máis de 60 en Segunda B, suma un total de 115 encontros e 35 dianas na súa carreira no fútbol nacional.

Após pasar este tarde recoñecemento médico no Hospital HM Modelo, Carlos Fernández será presentado mañá ás 10:00 h. na Cidade Deportiva de Abegondo antes de sumarse ao traballo cos seus novos compañeiros.

Máis novas de: CARLOS FERNÁNDEZ