RCD / NOVAS

Catro partidos amigables de #ANOSACANTEIRA en Abegondo mañá sábado

09/08/2019 20:45

Catro amigables xóganse mañá sábado 10 de agosto na Cidade Deportiva, con protagonismo para Xuvenil A, Xuvenil B, Cadete A e Cadete B. Todos serán con entrada libre para os afeccionados.

Os choques de pretemporada para #ANOSACANTEIRA arrancaron o pasado mércores. No campo do Monte, o Xuvenil A impúxose (4-1) ao Ural CF A. O técnico branquiazul, Álex Antón, aliñou a todo o seu cadro en busca de minutos de rodaxe. Alfonso, Edu, Urdiales e Luque foron os primeiros goleadores do Xuvenil A.

A semana complétase co Trofeo Mini Teresa Herrera, cuxa final benjamín en ABANCA-RIAZOR disputarana o mesmo sábado 10 de agosto (16:30 horas) o Deportivo A e o Atlético Coruña Montañeros CF.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría xuvenil
XUVENIL A 4 (Alfonso, Edu, Urdiales e Luque) - URAL CF A 1
XUVENIL A - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF (sénior), o sábado 10 de agosto ás 18:00 en Abegondo (campo 5)

XUVENIL B - FC PORTO, o sábado 10 de agosto ás 16:00 en Abegondo (campo 3)

Categoría cadete
CADETE A - URAL CF B (xuvenil), o sábado 10 de agosto ás 11:00 en Abegondo (campo 7)

CADETE B - FC PORTO, o sábado 10 de agosto ás 16:00 en Abegondo (campo 4)

Categoría benjamín
Final Mini Teresa Herrera
BENXAMÍN A - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, o sábado 10 de agosto ás 16:30 en ABANCA-RIAZOR