RCD / NOVAS

Cavaleiro adéstrase co grupo tras o seu regreso de Portugal

- Foto: Susi García - Iván Cavaleiro foi a novidade no adestramento do Deportivo, esta mañana en Abegondo. O atacante branquiazul regresó da concentración da selección de Portugal e xa se puxo ás órdenes de Víctor Fernández.

10/09/2014 14:06

Esta noite, ten previsto a súa chegada á Coruña Medunjanin, que onte martes xogou un partido internacional con Bosnia, clasificatorio para o Campionato de Europa 2016.

A sesión desta mañá transcorreu sen contratempos, con Salomao e Pablo Insua á marxe do grupo.

Mañá xoves, o equipo adéstrase de novo ás 10.00 en Abegondo. Pola tarde, ás 20.30 horas, o primeiro equipo disputará un amigable no campo da Lomba de Vilagarcía ante o Arousa. Os prezos das entradas de público son 10 euros. Os nenos teñen acceso gratuíto.

Máis novas de: CAVALEIRO

RCD / Noticias Relacionadas