O RC Deportivo presenta da man de Kappa, principal spónsor técnico do RC Deportivo, o seu primeiro equipamento para a temporada 2025-26. Un deseño que rende homenaxe ás noites máis memorables do Club en Europa e a un emblema da cidade da Coruña como é La Rosa de los Vientos. Un símbolo de orientación, viaxe e conexión atlántica que conecta co orgullo do Club ante a memoria dos seus logros.
A camiseta recupera o icónico deseño en forma de 'T', creado por Enrique Cabarcos, que modernizou a imaxe do Club nos anos 90 e acompañou ao Dépor no seu debut en competicións europeas en 1994. A elástica, cunha primeira franxa azul á altura dos ombreiros e unha segunda no peito, viuse por primeira vez o 20 de xaneiro de 1991 nun partido ante o Murcia. Nesta ocasión, ven investidos as cores, pero continúa evocando a época do Súper Dépor e as primeiras participacións europeas.
Este deseño en 'T' inspírase máis concretamente na temporada 1995-96, cando o Dépor conquista a primeira Supercopa de España na historia do Club e debuta na Recopa de Europa, na que queda ás portas da final contra o Paris Saint-Germain. O deseño usouse tamén durante a temporada 2020-21 na que o Deportivo Xuvenil gañou a Copa de Campións e da que se cumpren cinco anos.
En liña coa identidade do Club, a importancia da cidade e a tradición, dentro das franxas azuis da camiseta pódese apreciar un mosaico inspirado na escultura de la Rosa de los Vientos, obra do autor coruñés Tono Correa Corredoira, que se sitúa como o nexo de unión de todos os equipamentos. Tamén os detalles dourados son un elemento destacado e distintivo que reflicte a historia, grandeza e ambición do Club.
Deseñada por Kappa, a camiseta foi presentada xunto á curtametraxe "A Europa do Dépor", unha peza audiovisual que segue a dous afeccionados deportivistas de distintas xeracións, pai e fillo, mentres percorren as cidades onde o Club fixo historia, como París e Frankfurt.
Un deles viviu en primeira persoa a época dourada do Súper Dépor, un equipo lendario que marabillou a Europa con xogadores inesquecibles como Donato ou Mauro Silva. O outro, demasiado novo, só coñece estes capítulos gloriosos a través de relatos, vídeos e historias narradas por quen o presenciaron. Xuntos reviven a emoción daquelas noites máxicas e vitorias que acenderon ABANCA-RIAZOR e colocaron ao Deportivo na elite do fútbol europeo.
Os actores desta peza audiovisual posúen ADN deportivista. Trátase do fillo e do neto de Alfonso Castro (Ferrol, 1955), que militou nas filas do Dépor entre 1973 e 1982. O fillo defendeu o escudo do Dépor no campo e agora o seu neto tamén o fai en alevíns, categoría na que xogará na temporada 2025-26. Eles representan, na realidade e na ficción, unha familia vinculada ao Club, a súa historia e ambicións.
En definitiva, o primeiro equipamento da temporada 2025-26 é unha referencia ao vínculo eterno que une aos deportivistas do onte, do hoxe e do mañá. Unha combinación de modernidade e identidade e unha homenaxe emocional a un legado histórico.
Xa está a disposición do deportivismo nas DéporTiendas de ABANCA-RIAZOR, Marineda City, rúa Real e en www.deportienda.es.
Fundada en 1967 en Turín por Maurizio Vitale, Kappa creou a súa primeira liña deportiva en 1978. Pouco despois foi a primeira marca en Italia en patrocinar un equipo de fútbol. Unha decisión estratéxica que a situou no mercado internacional. Nos Xogos Olímpicos de Los Ángeles 1984, Kappa foi o patrocinador oficial do equipo de atletismo de Estados Unidos, cando Carl Lewis gañou catro medallas de ouro. Historia, deporte, tecnoloxía, innovación, deseño, estilo, orixinalidade, singularidade e futuro son os valores que definen a natureza da marca italiana que representan unha traxectoria repleta de fitos, como a creación da camiseta Kombat no 2000, a primeira que rompeu as regras do fútbol.