RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Unha hora de adestramento vespertino para o Dépor con partido e exercicios tácticos

O Dépor adestrouse este luns 14 de xullo en dobre quenda no campo 2 da Cidade Deportiva.

Pola tarde a sesión arrincou ás 17:00 horas e prolongouse por espazo de pouco máis de 60 minutos.

Após unha activación, os futbolistas completaron unha serie de exercicios tácticos e un partido a tres cuartas partes de campo.

Está con adestramento personalizado Jose Ángel; mentres que Luismi Cruz e Arnau Comas fan unha parte co grupo e outra co readaptador.

Mañá martes 15 de xullo tamén haberá dobre quenda de traballo: 10:30 e 17:00 horas.

Samu Fernández e Hugo Ríos, novidades

A novidade nesta segunda semana de pretemporada foi a presenza dos canteiráns Samu Fernández e do porteiro Hugo Ríos, este en lugar de Brais Suárez.

Na quenda matinal, Antonio Hidalgo dispuxo dun exercicio de rondos con duelos e partidos en espazo reducido, de alta intensidade.