RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor adxudícase o segundo Memorial Miguel Ángel ao imporse no Couto ao Ourense CF

O Dépor disputou esta tarde o seu segundo amigable de pretemporada co que se puxo fin a unha nova semana de pretemporada.

Foi a 2ª edición do Memorial Miguel Ángel, no campo do Couto ante o Ourense CF de Primera Federación.

O trofeo veu para ABANCA-RIAZOR grazas a un gol de dianteiro puro de Eddahchouri na recta final da primeira metade e a outro de Yeremay, impecable na definición, no 88.

Ambos os equipos tamén protagonizaron a primeira edición, hai un ano, nun partido que foi para o Dépor (0-4).

O Dépor chegaba a esta cita despois de estrearse con goleada (0-5) ante a SD Compostela o pasado mércores no Estadio Vero Boquete nun partido con Eddahchouri -2-, Bouldini,  Rubén López e Cristian Herrera como goleadores.

Para o Ourense CF foi o seu primeiro test de pretemporada na estrea do seu novo técnico Daniel Llácer.

Foron baixa por parte deportivista Jose Ángel, que segue co seu proceso de volta progresiva ao traballo de grupo; Ximo Navarro, que se viu obrigado a baixar o ritmo a consecuencia dunha molestia no recto anterior da súa perna esquerda; e Luis Chacón, cunha escordadura de nocello.

O Dépor presentou na primeira metade unha liña de 3 centrais (Lucas Nouby, Samu e Dani Barcia) con 2 carrileros por fóra (Mella e Escudero). Rubén e Villares foron os mediocentros con Mario Soriano, Cristian Herrera e Eddahchouri como puntas de lanza.

Sen apenas ocasións de gol transcorreron os primeiros minutos ata que o ourensanista Omar, aos 17 minutos, cruzou un balón por diante da portería de Germán Parreño sen atopar rematador.

O primeiro remate do Dépor chegou aos 23 minutos e foi obra de Eddahchouri, de cabeza a centro desde a dereita de Lucas Noubi. O balón foi ás mans do ex deportivista Alberto.

Pasada a media hora, Carmona cabecea ás mans de Germán Parreño un saque de esquina.

O Dépor adiantouse no marcador aos 38 minutos. Eddahchouri suma o seu terceiro tanto da pretemporada ao empuxar á rede no segundo pau un balón lanzado por Escudero de córner. 

Con este resultado chegouse ao descanso.

Após o paso polos vestiarios, Petxarroman e Alloh relevaron a Escudero e Samu.

A segunda metade comezou con ocasión ourensanista. Carmona, no segundo pau, dispara desviado da portería de Germán.

Á hora de partido Antonio Hidalgo dispuxo un carrusel de cambios no Dépor que deixou o debut de Arnau Comas no centro da defensa.

Con pernas frescas, os deportivistas foron xa os dominadores do xogo.

Yeremay, co brazalete de capitán, sentenciou o choque no minuto 88. Recibe en longo de Patiño, burla ao seu par e bate por baixo a Álvaro Ratón.

O segundo Memorial Miguel Ángel non deu para mais.

Ourense CF: Alberto, Enol Coto, Hugo Sanz, Carmona, Amin, Jerin, Camus, Adri Pérez, Omar, Vilán e D. García. Tamén xogaron: Álvaro Ratón, Aranzabe, Papa Samsui, Comas, Kensly Vázquez, Yuste, Tafur, Diego Martínez e Carlos

Deportivo: Germán, Mella (Luismi Cruz, min. 61), Lucas Noubi (Arnau, min. 61), Samu (Alloh, min. 46), Dani Barcia (Damián, min. 71), Escudeiro (Petxarroman, min. 46), Villares (Patiño, min. 61), Rubén López (Denis Genreau, min. 61), Cristian Herrera (Yeremay, min. 61), Mario Soriano (Diego Gómez, min. 61) e Eddahchouri (Martín Ochoa, min. 61)

Árbitro: Javier Figueiredo Comesaña, do comité galego

Goles: 0-1 Eddahchouri (min. 38); 0-2 Yeremay (min. 88)

Incidencias: partido correspondente ao 2º Memorial Miguel Ángel disputado no Couto