RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

CEIP Gonzalo Torrente Ballester e CEIP Gándara Sofán iniciaron a cuarta temporada de 'Os Nosos Valores-Escolas 110 % Branquiazuis'

Ao redor de medio centenar de alumnos de 6º de Primaria do CEIP Gonzalo Torrente Ballester, de Cambre, e Gándara Sofán, de Carballo, gozaron na mañá de hoxe dunha inesquecible xornada de 'Os Nosos Valores-Escolas 110 % Branquiazuis', a primeira da Temporada 2019-2020, no incomparable marco do Estadio ABANCA-RIAZOR. Ademais, os rapaces puideron compartir boa parte da mañá con Peke e Esther Sullastres, xogadoras do Deportivo ABANCA, Tomás Bourdal e Javi Sánchez, futbolistas do Fabril.

Os alumnos gozaron dunha visita guiada polas dependencias interiores de ABANCA-RIAZOR. Posteriormente, recibiron unha charla sobre a historia do Dépor a cargo do xornalista de La Opinión de A Coruña Carlos Miranda, autor do libro '110 % Blanquiazul', apoiado no arquivo recompilado polo exconselleiro Pachy Dopico e que conta coa revisión e autorización por parte do RC Deportivo.

Finalmente, todos viviron con ilusión a sorpresa da aparición dos catro futbolistas branquiazuis, que contestaron a todas as preguntas dos pequenos, asináronlles postais dedicadas e mesmo algunhas bufandas e camisetas. A xornada finalizou coa foto de familia a pé de campo.