RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Celso Borges, de novo goleador, métese con Costa Rica nos cuartos de final da Copa de Ouro

- Foto: @fedefutbolcrc -

Costa Rica, con Celso Borges de capitán, clasificouse para os cuartos de final da Copa de Ouro da CONCACAF ao derrotar (1-2) a Surinam no segundo partido do grupo C. O encontro disputouse onte á noite no Explora Stadium de Orlando.

O mediocentro deportivista bateu unha marca coa Tricolor ao disputar o seu partido número 23 nesta competición, equivalente á Eurocopa ou a Copa América, repartidos en seis edicións desde 2009.

Celso foi de novo titular, disputou o noventa minutos e de novo o seu gol, esta vez no minuto 59 e segundo nesta competición, supuxo o triunfo 'tico'.

O martes 20 de xullo, Costa Rica e Xamaica disputaranse o primeiro posto do grupo. O encontro será no Explora Stadium de Orlando e arrincará ás 19:00 (hora local, 1:00 do mércores 21 en España).

A selección de Guadalupe, clasificada da fase preliminar, foi o primeiro rival de Costa Rica o pasado luns.

O mediocentro deportivista saíu de inicio no debut do seu novo seleccionador, Luis Fernando Suárez.

Celso Borges xogou completo o choque e anotou o terceiro tanto no minuto 69, chegando desde segunda liña, para certificar a primeira vitoria 'tica' por 3-1.

O calendario de Costa Rica, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Luns 12 de xullo
COSTA RICA 3 - GUADALUPE 1

Venres 16 de xullo
SURINAM 1 - COSTA RICA 2

Martes 20 de xullo (19:00 hora local, 1:00 do mércores 21 en España)
COSTA RICA - XAMAICA