RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Celso Borges fala de unión e Albentosa ve "agora oficio"

Celso Borges e Raúl Albentosa compareceron na zona mixta de Cornellá-El Prat.

O internacional costarriqueño, autor do primeiro gol deportivista no novo estadio do Espanyol, destaca que o equipo "ten sentido de grupo. Hai moita unión. E iso nótase".

A pesar da acumulación de partidos neste arranque de ano 2017, Celso Borges apunta que o equipo "está fresco, está ben". É máis, cre que a Copa do Rei "dános moita moral".

Pola súa banda, Raúl Albentosa, outro dos destacados no terreo de xogo espanyolista, explica a xeira de partidos do Dépor sen coñecer a derrota porque "agora hai oficio".