RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Celso Borges regresa ao Deportivo para a Temporada 20·21

Celso Borges Mora (San José, Costa Rica, 27 de maio de 1988) volve ás filas do RC Deportivo para a Temporada 2020-2021.

Borges xogou tres campañas e media no Deportivo, ao que chegou no mercado de inverno da 2014-2015. Coa camiseta branquiazul, o centrocampista costarriqueño disputou 111 encontros oficiais (107 deles en Primeira División e 4 en Copa do Rei), nos que marcou 15 goles, todos en Liga.

Despois do descenso a Segunda División ao final do curso 2017-2018, Borges foi traspasado ao Göztepe SK, co que xogou as dúas últimas campañas na Süper Lig turca.

Con 130 partidos coa selección 'tica' é o segundo futbolista máis veces internacional na historia do seu país, para o que ademais marcou 23 goles e ao que axudou a alcanzar os cuartos de final da Copa do Mundo de 2014.